Taxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxis en Pontevedra.

O taxi é un automóbil privado, conducido por un chofer e destinado ao transporte de pasaxeiros e mais das equipaxes destes. O transbordo faise de porta a porta, á elección do pasaxeiro, contrariamente aos transportes en común que circulan entre puntos predeterminados (paradas de autobús, estacións).

A palabra taxi provén de taxímetro, aparato destinado a medir o tempo e a distancia dun traxecto para estabelecer o montante a pagar polo pasaxeiro. Este taxímetro é chamado igualmente contador quilométrico.