Voto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mulleres votando en Bangladesh.

O voto é un método de toma de decisións no que un grupo, tal como unha xunta ou un electorado, trata de medir a súa opinión, usualmente como o paso final que segue as discusións ou debates.

Como métodos alternativos ao voto inclúense a adopción de decisións por consenso (que funciona evitando a polarización e marxinalización da disensión) e a aposta (como nunha democracia anticipativa).

En democracia, o voto implica comunmente a elección, por exemplo unha forma para que un electorado elixa entre os seus candidatos a un cargo. En política o voto é o método polo cal o electorado dunha democracia designa representantes nunha determinada institución, tal como o goberno do seu estado, rexión, etc.

Un voto, ou unha votación, é o acto individual de votar, polo cal o individuo expresa apoio ou preferencia por certa moción (p.ex. unha resolución proposta), candidato, ou determinada selección de candidatos. Unha votación secreta, a maneira normal de protexer a privacidade política dos votantes, xeralmente ten lugar nun colexio electoral. O acto de votar é voluntario na maioría dos países. Porén nalgúns países, tales como Australia ou Bélxica, o voto é obrigatorio.

Non obstante, que un país teña unha elección na que o pobo poida votar non significa necesariamente que o país sexa democrático. Moitos gobernos autoritarios teñen "eleccións", mais os candidatos son preseleccionados e aprobados polas elites, non hai competencia, a capacidade dos votantes está restrinxida, e a votación é ás veces unha farsa.

Voto feminino[editar | editar a fonte]

Durante longo tempo, as mulleres non tiveron voto, algo que foron conseguindo as chamadas "sufraxistas' ó longo do século XX, tras comezar o seu recoñecemento en 1893 en Nova Zelandia. En España, o 2 de outubro de 1931, defendida por Clara Campoamor, votouse a favor de que as mulleres puidesen votar. Dábase o paradoxo (vista dende hoxe) de que as mulleres podían ser votadas como representantes (había varias mulleres na cámara), pero non votar.

Voto electrónico[editar | editar a fonte]

Algúns consideran que en canto os votos sexan rexistrados nun medio que sexa invisíbel aos humanos, os electores perderán calquera posibilidade de verificar como son recollidos e cotexados os seus votos para producir o resultado final. Así, precisan ter unha fe absoluta na exactitude, honestidade e seguridade de todo o aparato electoral. Isto refírese particularmente ao voto electrónico pois, contemplando os ordenadores como caixas negras, as súas operacións só se poden verificar mediante o coñecemento das entradas e saídas (é dicir, da entrada de datos e a comparación dos resultados agardados cos existentes), mais baixo o sistema de votación secreta, os votos entrantes non se coñecen, nin existe ningún resultado agardado co que comparar os resultados electorais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]