Síndrome respiratoria aguda severa
| Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios. O axente causante é o coronavirus SARS.[1]
Índice |
Pneumonía asiática I [editar]
A pneumonía asiática fixo a súa aparición na provincia de Guandong en novembro de 2002 e declarouse como finalizada 8 meses despois. Extendeuse a uns 30 países, principalmente de Asia, deixando un saldo de 774 mortos, 349 deles en China e 299 en Hong Kong.
Pneumonía asiática II [editar]
(datos de comezos de 2004)
Rebrote da enfermidade [editar]
As autoridades chinesas, confirman o segundo caso de síndrome respiratoria aguda grave (xaneiro 2004), coñecido como pneumonía asiática. Mentres, a Organización Mundial da Saúde (OMS), envía ó país asiático a un equipo de expertos para identificar a fonte de contaxio do último caso. A alarma saltou en Pequín, onde unha muller ingresou cos síntomas desta epidemia.
A primeira afectada [editar]
Unha rapaza de 20 anos, atópase en corentena e sometida a tratamento no hospital de Guangzhou. Os primeiros síntomas de febre producíronse o 26 de decembro (2003). Ata 48 persoas que tiveron contacto estreito coa paciente foron illadas e sometidas a un proceso de desinfección da zona onde residía. Outras 52 persoas que tamén estiveron en contacto con ela foron sometidas a estreita vixiancia médica.
Segundo afectado [editar]
Un produtor de televisión de 32 anos protagonizou o segundo caso do síndrome respiratoria. Foi declarado sospeitoso polas autoridades da provincia de Guangdong, o sábado 27 de decembro e o luns 29, confirmouse que se trataba dun caso de neumonía asiática. Ningunha das 81 persoas que estiveron en contacto con este paciente amosaron síntomas da enfermidade e a última delas debería sair de cuarentena onte (28 de xaneiro de 2004).
Notas [editar]
- ↑ Coronaviruses: Molecular and Cellular Biology (1st ed.). Thiel V. 2007. ISBN [[Special:BookSources/978-1-904455-16-5]|978-1-904455-16-5]]]. http://www.horizonpress.com/cor.