Manchuria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Manchuria (Manju en lingua manchú, Dongbei nome oficial en chinés) é unha rexión do nordeste de China, conta cunha superficie de 801.600 km2. É unha rexión histórica, non existe como unidade administrativa na República de China hoxe en día.
Etnias [editar]
A Rexión é o lar das etnias Xianbei, Khitán, e Jurchen, sendo a máis importante a etnia que lle dá nome, a etnia manchú. Esta última dinastía gobernou China dende o século XVII até o 1911, dándolle á súa dinastía o nome de Dinastía Quing e converténdose na última dinastía imperial chinesa.
Extensión [editar]
Existen 3 definicións popularmente aceptadas:
- (Vermello máis escuro na imaxe). Comprende as provincias de Liaoning, Heilongjiang e Jilin
- (O anterior incluíndo o vermello medio). Inclúe a parte oriental da provincia de Mongolia Interior
- (O anterior incluíndo o vermello máis claro). Incluíndo a chamada Manchuria Rusa.
- (Non aparece no mapa). Engádelle ao anterior a illa de Sajalin, reclamada polo goberno chinés como parte integrante do seu territorio nacional.