Lingua inglesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Idioma inglés")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Inglés
English
Pronuncia: ˈɪŋɡlɪʃ[1]
Falado en:
Total de falantes: 360 millóns (2010)[2]
Segunda lingua 430 millóns
Posición: 3
Familia: Indoeuropea
 Xermánico
  Xermano occidental
   Ingvaeónico
    Anglofrisio
     Ánglico
      Inglés
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: 54 países
21 entidades non soberanas
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: en
ISO 639-2: eng
ISO 639-3: eng
SIL: 52-ABA
Anglospeak.svg

A lingua inglesa ou inglés é unha lingua pertencente á familia indoeuropea, subfamilia xermánica e grupo occidental, orixinaria de Inglaterra, é oficial no Reino Unido, Irlanda, en Estados Unidos, Canadá, Australia e moitos dos territorios africanos, asiáticos, americanos e de Oceanía que foron ou aínda son colonias británicas.

Na actualidade é unha lingua cun gran número de falantes e un maior número de persoas que a entenden, maioritaria en internet, e a lingua na que se publican máis libros e artigos científicos [3] a máis usada internacionalmente a nivel comercial. Isto débese a que os países de fala inglesa son os de maior importancia económica no mundo actual[Cómpre referencia].

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia da lingua inglesa.

No século V, os invasores xermanos (anglos e saxóns) dominaron toda a área de Inglaterra, onde se falaban linguas celtas (que hoxe sobreviven só en Escocia, Gales, Cornualles e Irlanda). Os dialectos falados por estes invasores convertéronse no que se coñecería despois como lingua anglosaxoa, dos que na actualidade quedan algúns vestixios en zonas costeiras de Alemaña e os Países Baixos.

Tamén é salientable a influencia sobre a lingua inglesa que supuxeron os xutos, procedentes de Dinamarca.

Máis adiante, os viquingos establecéronse en partes da illa de Gran Bretaña. A súa lingua, o noruegués antigo, tamén interveu na formación do inglés.

No ano 1066, os normandos conquistaran Inglaterra. A alta nobreza que gobernou o país dende alí ata tres séculos máis tarde falaba soamente normando, unha lingua d'oïl moi próxima ó francés. Gran cantidade de vocabulario desta lingua filtrouse ó inglés, falado polas clases máis baixas. Así, aparecía o inglés medieval.

Tanto a aparición, no século XV, do Great Vowel Shift (ou Gran cambio vocálico) como a extensión, axudada polo goberno e pola imprenta, do dialecto londiniense, levaron á definición do inglés moderno.

Lingua franca[editar | editar a fonte]

O inglés é probablemente o terceiro idioma do mundo en número de falantes que o teñen como lingua materna: 340 millóns de persoas, sendo o segundo máis falado, despois do chinés mandarín. Se conta tamén como segunda lingua tería outros 200 millóns de falantes.

O inglés, ao espallar Inglaterra a súa lingua por todo o mundo (Imperio Británico), e ao converterse os Estados Unidos de América na maior potencia económica e militar, converteuse de facto na lingua franca dos nosos días.

A pesar da existencia doutras linguas internacionais e de idiomas como o esperanto ou a interlingua que buscan o emprego dunha lingua máis neutral, o inglés constitúe hoxe en día o principal idioma de comunicación internacional. Isto débese a que unha "civilización" dominante polo regular non adopta outra lingua, senón que, pola contra impón a súa; esta é a razón pola que en moitos dos países europeos fálanse linguas derivadas do latín, por ser esta a lingua oficial do imperio romano.

Esta situación de lingua franca levou a intentos de facilitar a seu uso universal mediante a simplificación de reglas de uso, como o inglés básico ou o inglés simple. Incluso desde o ámbito hispano, hai achegamentos humorísticos como o fromlostiano.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Mapa da Anglosfera.

O inglés sitúase no terceiro ou cuarto lugar na clasificación de linguas máis faladas no mundo (tralo chinés mandarín, o hindi e o castelán). Sobre 377 millóns de persoas téñeno como lingua nai.

Ademais, a lingua inglesa é a segunda lingua máis aprendida no mundo. No século XX converteuse na lingua franca mundial en numerosos ámbitos (comercio, negocios, turismo...), en detrimento do francés.

Status do inglés no mundo:

Hai unha gran cantidade de dialectos do inglés; polo xeral, as diferencias non son tan notables como para que non haxa intercomprensión.

Distribución dos falantes nativos de inglés por país (Crystal 1997).
País/Rexión Falantes nativos
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 215.423.557
· Unión Europea Unión Europea 62.400.000
2 Reino Unido Reino Unido 58.200.000
3 Flag of Canada.svg Canadá 17.694.830
4 Australia Australia 15.013.965
5 Irlanda Irlanda 4.200.000+ (Approx)
6 Suráfrica Suráfrica 3.673.203
7 Nova Zelandia Nova Zelandia 3.500.000+ (Approx)
8 Flag of Singapore.svg Singapur 665.087[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua inglesa.
Galizionario
Vexa no Galizionario as palabras en Inglés.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Flag of Europe.svg Linguas oficiais da Unión Europea Flag of Europe.svg
Alemán | Búlgaro | Castelán | Checo | Croata | Dinamarqués | Eslovaco | Esloveno
Estoniano | Inglés | Finés | Francés | Grego | Húngaro | Irlandés | Italiano | Letón
Lituano | Maltés | Neerlandés | Polaco | Portugués | Romanés | Sueco
Fonte: Sitio da Unión Europea