Escudo de Singapur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Singapur
Coat of arms of Singapore (blazon).svg
Detalles
Armiger Flag of Singapore.svg República de Singapur
Adoptado 3 de decembro de 1959
Escudo Goles, media lúa fronte a un pentágono de cinco mullets de prata
Alicerce León a destra e tigre a sinistra rampantes
Divisa Majulah Singapura
Uso • Moedas
• Goberno
• Documentos oficiais

O escudo de Singapur foi adoptado o 3 de decembro de 1959.

Descrición[editar | editar a fonte]

As armas consisten nun campo de goles no que figura un crecente (media lúa) de prata fronte a cinco estrelas de cinco puntas do mesmo metal colocadas unha, dous e dous. O esmalte goles (vermello) é o símbolo da irmandade universal e a equidade do home, mentres que o branco significa pureza e virtude. As cinco estrelas representan os cinco ideais de democracia, paz, progreso, xustiza e equidade.

O escudo está suxeito por dúas figuras: un león de ouro á esquerda e un tigre á dereita, nas súas cores naturais. O león representa a Singapur e o tigre os vínculos históricos da illa con Malaisia. Na parte inferior hai unha cinta na que aparece escrito a lema nacional: Majulah Singapura (do malaio: Adiante Singapur).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]