Insulindia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da Insulindia.
Mapa dos grupos da Insulindia.      As illas maiores da Sonda.      As illas menores da Sonda.      As illas Filipinas.      As illas Molucas.

Insulindia tamén coñecida como arquipélago Malaio e Sueste Asiático Marítimo ou Sueste Asiático Insular, é un vasto e moi numeroso grupo de illas situado entre a Indochina e a Oceanía, na rexión da Austronesia. Localizado entre os océanos Índico e Pacífico, este grupo de máis de 20.000 illas é o maior arquipélago do mundo por área. As illas pertencen aos estados de Indonesia, Filipinas, Singapur, Brunei, Malasia e Timor-Leste. Ás veces inclúese tamén a illa de Nova Guinea, o que supón acrecentar tamén o estado de Papúa-Nova Guinea.[1] Hai, porén, argumentos para excluír a última illa por razóns culturais e xeográficas: tantos os territorios de Papúa-Nova Guinea como de Nova Guinea Occidental (Indonesia) son culturalmente diferentes aos das outras illas da rexión e, xeoloxicamente, a illa de Nova Guinea non fai parte do continente asiático, como as illas da Sonda[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Malay Archipelago." Encyclopedia Britannica. 2006. Chicago: Encyclopedia Britannica, Inc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Insulindia Presentación da colección de arte da Insulindia na web do Musée du quai Branly (en castelán, francés ou inglés). Consultado o 31 de maio de 2013.