Pyongyang

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pyongyang é a capital e maior cidade de Corea do Norte. Sitúase na beira occidental do río Taedong preto da costa oeste do país, á que baña o Mar Amarelo. A poboación estimada para o 2007 é duns 3.000.000 de habitantes.

Pyongyang é unha das máis antigas cidades do extremo oriente. A súa historia arrinca na lenda sendo dende o principio a capital das sucesivas dinastías e culturas primixenias coreanas. Así, a súa fundación fíxase no 1122 aC, e a súa historia recordada no 108 aC, sendo dende ó 50 aC capital do reino de Koguryo.

Ferramentas persoais