Pearl Harbor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 21°20′16″N 157°58′13″W / 21.33778°N 157.97028°W / 21.33778; -157.97028

Vista aérea de Pearl Harbor

Pearl Harbor é unha base naval dos Estados Unidos e o cuartel xeral da flota estadounidense do Pacífico, na illa de Oahu, Hawai, preto de Honolulu.

Historia de Pearl Harbor antes de 1941[editar | editar a fonte]

Pearl Harbor era unha baía pouco profunda chamada Wai Momi polos hawaianos, o que significa « auga de perlas ». Pearl Harbor era entón considerado unha residencia da deusa-tiburón Ka'ahupahau e do seu irmán Kahi'uka.

O porto era utilizado principalmente para a produción de ostras de perlas até o final do século XIX.

Os Estados Unidos e o reino hawaiano asinaran un tratado de reciprocidade en 1875, completado pola convención de 6 de decembro de 1884 e ratificado en 1887. O 20 de xaneiro de 1887 o senado dos Estados Unidos autoriza a Mariña a alugar Pearl Harbor como base naval. A cambio, os hawaianos obtiveran o dereito exclusivo de exportar azucre aos Estados Unidos sen taxas alfandegueiras. A Guerra hispano-americana de 1889 e a necesidade dos Estados Unidos de manter unha presenza permanente no Océano Pacífico conduciron á anexación do Hawai.

Historia de Pearl Harbor despois do 7 de decembro 1941[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ataque a Pearl Harbor.

O ataque a Pearl Harbor por parte do Xapón o 7 de decembro de 1941 marcou a entrada dos Estados Unidos na Segunda Guerra Mundial.