Cooperación Económica Asia-Pacífico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estados membros

Cooperación Económica Asia-Pacífico (CEAP, en inglés Asia-Pacific Economic Cooperation APEC), é un foro do que forman parte 21 países do Círculo do Pacífico que buscan promover o libre comercio, o intercambio comercial e a cooperación ecónomica na rexión Asia-Pacífico. Estableceuse en 1989 en resposta á rápida interdependencia das economías da zona Asia-Pacífico e o establecemento de bloques económicos noutras partes do mundo. Celébranse cumios anuais nos que se xuntan os xefes de estado e goberno, sen tratado formal, as decisións tómanse por consenso sobre a base de declaracións non vinculantes aínda que conta cunha secretaría xeral con sede en Singapur.

Membros[editar | editar a fonte]