Aninovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ano Novo")


Pirotecnia na celebración de Aninovo en Sidney (Australia).

O Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. A data en que se realiza esta celebración depende do tipo de calendario utilizado, sendo a máis común a do 1 de xaneiro, data segundo o calendario gregoriano, que foi instaurado polo papa Gregorio XIII en 1582 e utilízase na maioría dos países do mundo.