Johor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Johor (antes Johore) é un estado de Malaisia, a capital é Johor Bahru (antes Tanjung Puteri), Johor Lama é a antiga capital. Nos seus 19.984 km² viven 2.800.000 habitantes. Johor é unha monarquía herditaria, rexida por un sultán, Iskandar Al-Haj é o sultán actual e Abdul Ghani Othman o primeiro ministro.

Distritos[editar | editar a fonte]

  • Johor Bahru 1817,8 km², 1 064 881 habitantes
  • Pontian 919,5 km², 143 729 habitantes
  • Kota Tinggi 3488,7 km², 192 220 habitantes
  • Kluang 2851,8 km², 254 631 habitantes
  • Segamat 2851,26 km², 178 620 habitantes
  • Muar 2346,12 km², 328 695 habitantes
  • Batu Pahat 1878 km², 335 368 habitantes
  • Mersing 2838,6 km², 67 557 habitantes