Selva tropical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selva tropical de Costa Rica
Distribución mundial das selvas tropicais

A selva tropical húmida, tamén dita umbrofila ou pluviosa, é un bioma das zonas intertropicais, caracterizado por unha formación vexetal arbórea alta e densa, así como por un clima cálido e moi húmido.

O bosque umbrófilo é o máis rico en diversidade específica, non só polas árbores senón pola flora e a fauna en xeral (ata varios centenares de especies de árbores por hectárea, contra unha decena como máximo nos medios temperados). Caracterízase por árbores de grande tamaño, de medra lenta. As cantidades de especies, xéneros ou familias endémicas son aquí as máis altas entre os ecosistemas das terras emerxidas.

O termo selva tropical húmida designa así mesmo o bosque primario que ocupa este bioma; senón fálase de bosque secundario.

Extensión[editar | editar a fonte]

A selva tropical ocupa un pouco menos da décima parte da superficie ocupada por todos os bosques, ou sexa 12,3 millóns de km², mais abriga de largo o óptimo de biodiversidade específica.

Estes bosque chamados tropicais húmidos, ou umbrofilos, ou rain forests sitúanse entre os dous trópicos e son así ditos intertropicais; sitúanse seguindo globalmente o Ecuador térmico (ou meteorolóxico).

Clima[editar | editar a fonte]

O bosque umbrófilo está sometido a un clima ecuatorial. Este clima caracterízase humidade ambiental e calor permanentes, así como pola súa regularidade da duración do día e da noite ao longo de todo o ano.

Calor[editar | editar a fonte]

Este clima é de tipo cálido: a totalidade das medias mensuais están por encima dos 18 °C. Así entre 25º e 30 °C, é a temperatura que se pode encontrar todo o ano nestas rexións, cunha amplitude térmica relativamente feble : da orde de 5 °C.

É importante notar que esta monotonía térmica mantense entre as temperaturas día/noite.

Humidade[editar | editar a fonte]

As precipitacións son fortes nas rexións ecuatoriais : superiores a 1500 mm/ano, con recollidas de máis 100 mm mensuais (en media 200 mm), sendo o carácter máis notábel do clima o feito da constancia das precipitacións (chove durante as 3/4 partes do ano), gozando dunha humidade permanente (80 % no solo de media).

As selvas de montañas, situadas entre 1000 e 2000 metros de altitude, reciben precipitacións largamente superiores as dos bosques de chairas : de 2000 a 8000 mm segundo altura, mais a temperatura baixa 0,6 °C por cada 100 m de elevación.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

A loita pola luz[editar | editar a fonte]

A causa da densidade forestal, a luz penetra dificilmente.

Solos[editar | editar a fonte]

Apesar de que o bioma é o máis rico e o máis complexo do planeta, os solos do bosque pluvial non é menos fráxil, delgado e pobre, dado que os elementos nutritivos son cativos da vexetación, pois calquera elemento descomposto é, de feito, reutilizado rapidamente e posto en circulación ou ben é arrastrado para as augas subterráneas.

Vexetación[editar | editar a fonte]

Por si só, este sistema contén o 70 % das especies vexetais coñecidas. A súa vexetación, caracterizada pola estratificación vertical, está dominada polas plantas con flores e polas árbores. Pódense atopar entre 80 e 200 especies arbóreas por hectárea nos bosques tropicais asentados. Porén, é raro encontrar dous individuos da mesma especie nunha hectárea, pois unha ou dúas especies non poderían converterse en dominantes máis que en sectores específicos como os pantanos.

As follas son en xeral de extremidades alongadas, que permiten a evacuación da auga, pois o estancamento de auga impide ou dificulta as funcións respiratorias e asimiladoras da árbore, favorecendo ás plantas epífitas. Hai poucos brotes, pois non hai necesidade de sobrevivir a unha estación mala; cando existen, están protexidos por pelos, por mucilaxe ou por follas secundarias.

Vida humana[editar | editar a fonte]

As selvas tropicais é unha das zonas menos populosas da Terra: na Amazonia, por exemplo, a densidade populacional é inferior a 1 hab./km². Son por tanto lugares inhóspitos para os humanos, aínda que posúen recursos importantes, como a madeira.

O terreo é poco apto para a agricultura, sempre enchoupado de auga, a pesar da constante acción solar; as augas estancadas provocan a putrefacción dos materiais orgánicos, constituíndo un ambiente ideal para os insectos. A calor fai as actividades físicas moi pesadas. O ambiente é propicio para a aparición de enfermidades entre os seres humanos, de xeito que a vida media é máis breve que noutras partes do mundo, e a mortalidade infantil é tamén máis elevada.

Os homes viven en grupos reducidos, de tipo tribal, ocupando áreas moi vastas; actualmente o números de nativos propios desta zona está a diminuír, entre outras cousas polo impacto da deforestación que recorta os espazos selváticos.