Encoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Encoro de Kurobe en Xapón

Un encoro, presa, represa ou encalco é unha barreira fabricada con pedra, formigón ou outros materiais, que se construe nun río coa finalidade de depositar parte da agua para un posterior aproveitamento en abastecemento ou regadío, para elevar o seu nivel co obxectivo de derivala a canalizacions de rego, ou para a produción de enerxía mecánica ao transformar a enerxía potencial do almacenamento en enerxía cinética, e esta novamente en mecánica ao accionar a forza da agua un elemento móbil. A enerxía mecánica pode aproveitarse directamente, como nos antigos muíños, ou de forma indirecta para producir enerxía eléctrica, como se fai nas centrais hidroeléctricas.

Tipos de presas[editar | editar a fonte]

Segundo a súa planta, pódense distinguir tres tipos:

  • Planta recta.
  • Planta curva.
  • Planta mixta.
presa de gravidade no río Umia,en Galicia
Encoro de Belesar.

Segundo a súa estrutura poden ser:

  • De gravidade, cando o peso da presa abonda para aguantar o empuxe da auga. Poden estar feitos de formigón, pedra, escollera con núcleo de material impermeábel, unha combinación de varios etc...
  • De gravidade alixeirada: caracterízanse pola búsqueda da optimizacion de materiais, o corpo de presa e moi esvelto pero reforzado con contrafortes para así compensar os empuxes hidrostáticos. Un exemplo seria o encoro de Chandrexa, no concello de Chandrexa de Queixa, na Provincia de Ourense.
  • De bóveda: constrúense en forma de cunca co lombo cara á auga de xeito que o empuxe hidrostáticose transmite cara as paredes naturais do terreo. Ademais conta con curvatura vertical de xeito que o empuxe vertical do peso da agua na parte superior compensa as traccions de arranque nos cimentos da mesma. Un exemplo é o encoro das Portas, ubicado no concello de Vilariño de Conso en Ourense.

A combinación de formas e tipoloxías de estrutura dan unhas construcións dignas de ser vistas e case sempre diferentes unhas das outras.

Galicia como terra de auga ten unha boa colección de diferentes formas e tamaños.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Encoro
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de encoro

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]