British Racing Motors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BRM
1950BRMType15.jpg
Nome completo British Racing Motors
Bandeira Flag of the United Kingdom.svg
Baseada en Bourne, Lincolnshire, Inglaterra
Tempadas en activo 28 (1950-1977)
Número de pilotos Flag of the United Kingdom.svg Reg Parnell
Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn
Francia Maurice Trintignant
Flag of Sweden.svg Jo Bonnier
Flag of the United States.svg Dan Gurney
Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill
Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart
Flag of the United Kingdom.svg John Surtees
Suíza Jo Siffert
Austria Niki Lauda
Suíza Clay Regazzoni
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1951
Carreiras 197
Campionatos de Construtores 1 (1962)
Campionatos de Pilotos 1 (1962)
Vitorias 17
Pole positions 11
Voltas Rápidas 15
Puntos totais
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1977

British Racing Motors (xeralmente coñecida como BRM), foi un equipo británico de Fórmula 1. Fundado en 1945, competiu desde 1950 a 1977, participando en 197 Grandes Premios e gañando 17. En 1962 o equipo BRM gañou o título de construtores. Ao mesmo tempo, o seu piloto Graham Hill gañou o campionato mundial. En 1963, 1964, 1965 e 1971, BRM foi segunda no campionato de construtores.

A fábrica principal de BRM estaba en Spalding Road, Bourne, Lincolnshire, detrás da casa Eastgate, fogar do seu líder, Raymond Mays.

O desenvolvemento máis notable de BRM foi o motor de carreira 135º V16 1,5 litros, que era moi potente na época para a súa cilindrada. Tiña o defecto de que a potencia caía fóra dun rango moi pequeno de réxime. Por isto, para poder aproveita-la súa capacidade ao máximo, eran necesarios moitos cambios de velocidade por parte dos pilotos. Este motor foi notable tanto como por ser unha valente tentativa en desenvolvemento de motores, como polo seu distintivo son.

Cando a regulación de 1,5 litros atmosférico (é dicir, non sobrealimentados) de Fórmula Un foi introducida, BRM logrou construír un motor deseñado por Aubrey Woods (BRM P56 V8) que estaba a par con Dino V6 utilizado por Ferrari e o Coventry-Climax V8 utilizado por outros equipos británicos. Un monopraza modelo P578 con este motor gañou o Campionato Mundial con Graham Hill como piloto.

Así e todo, BRM fallou na súa entrada a regulación de 3 litros rexeitando a proposta de Aubrey Woods de construír un motor V12, por un estraño motor H 16 (BRM 75). Este motor era potente pero pesado e pouco fiable, tiña poco par e un centro de gravidade alto. A razón de esta elección segue sendo un misterio, pero é probable que o H 16 fora sedutor para BRM porque compartía algunas partes co V8 1,5 litros. Nese momento, BRM ganouse o sobrenome de "British Racing Misery". A pesar de todo, debido a escaseza de motores 3 litros de F1 nese momento, o H 16 foi vendido a Lotus e Jim Clark logrou gañar un Gran Premio cun auto con ese motor.

Tempo despois, a firma vendeu motores a outros constructores como John Wyer, Team McLaren Mercedes e Matra.