Chicane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chicane do autódromo de Imola.
Unha chicane na vía pública, nunha zona residencial.

Unha chicane é unha serie de curvas apertadas e normalmente en forma de S, ou ben dúas curvas, unha ao principio e outra ao final dunha pequena recta, que se usa en circuítos de competición co propósito de frear o tráfico. Normalmente estas curvas colócanse ao final das rectas principais, o que fai que estes lugares sexan importantes puntos de adiantamento.

Criticouse á FIA por inserir chicanes en puntos críticos de certos circuítos, argumentando que se perde a esencia de certos circuítos míticos como son Le Mans, Spa ou Monza.

Algúns circuítos presentan chicanes "opcionais". Mentres que en categorías superiores úsanse, en categorías máis lentas pódese evitar a chicane, debido a que os automóbiles non son capaces de conseguir as elevadas velocidades que farían necesario o seu uso.

O termo úsase tamén noutro tipo de carreiras, por exemplo o bobsleigh, á hora de indicar características similares no trazado.