Gran Premio de Italia de 1981

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Italia Gran Premio de Italia de 1981
Detalles da carreira
Carreira 13 de 15 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1981.
Trazado do circuíto de Monza
Trazado do circuíto de Monza
Data 13 de setembro 1981
Nome oficial LII Gran Premio d'Italia
Localización Autodromo Nazionale Monza, Monza, Italia
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´800 km
Distancia 52 voltas, 301´600 km
ClimaSeco e asollado
Pole position
Piloto Francia René Arnoux Renault
Tempo 1:33.467
Volta rápida
Piloto Carlos Reutemann Williams-Ford
Tempo 1:37.528 na volta 48
Podio
Primeiro Francia Alain Prost Renault
Segundo Australia Alan Jones Williams-Ford
Terceiro Carlos Reutemann Williams-Ford

O Gran Premio de Italia de 1981 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no circuíto de Monza o 13 de setembro de 1983. A carreira, que se disputou sobre 52 voltas, foi a décimo terceira proba da tempada de 1981. A carreira foi o 50º Gran Premio de Italia

A Fórmula Un regresou ao circuíto de Monza logo dun ano de ausencia, o ano do anterior o Gran Premio de Italia celebrouse no circuíto de Imola.

Ao chegar a Italia, Nelson Piquet e Carlos Reutemann estaban empatados a puntos no campionato de pilotos. Alain Prost tamén loitaba polo título mundial, logo dos seus resultados nas últimas carreiras.

Tamén foi a primeira vez na que un Toleman - Hart cualificou nunha carreira con Brian Henton que cualificou o coche no lugar 23.

Carreira[editar | editar a fonte]

Cando a carreira comezou, o pole René Arnoux caeu á terceira posición, mentres que Prost e Reutemann loitaron polo liderado. Detrás, Didier Pironi colocouse cuarto tras adiantar catro coches. Pironi continuou o seu ataque contra Reutemann e Arnoux e pronto quedaron detrás del. A medida que os seus rivais caeron detrás, Prost aumentou a súa vantaxe que manteríaa o resto da carreira. Jacques Laffite tamén fixo unha excelente saída, e corría terceiro cando se retirou da carreira cunha picada nunha roda na volta 11.

Na volta 19, John Watson perdeu o control do seu coche na curva Lesmo e estrelouse contra as barreiras a alta velocidade, prendendo un pequeno lume na parte traseira do coche. O motor do seu McLaren desprendeuse do coche e encheu a pista de refugallos. Michele Alboreto, que marchaba detrás de Watson, estrelouse contra os restos do motor, mentres Carlos Reutemann tomou á herba rozando a barreira para evitar o accidente, perdeu un lugar pero só sufriu danos menores. Afortunadamente, Watson escapou ileso.

Na metade da carreira, a táboa de posicións era: Prost, Jones, Piquet, Reutemann e De Angelis. Nun incrible caso de infortunio, o motor do Piquet explotou na última volta, deixando a Reutemann terceiro e cambiando drasticamente as posibilidades para as aspiracións ao título dos dous.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Tempo Distancia
1 16 Francia René Arnoux Renault 1:33.467 -
2 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 1:34.140 0.673
3 15 Francia Alain Prost Renault 1:34.374 0.907
4 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 1:35.062 1.575
5 1 Australia Alan Jones Williams-Ford 1:35.359 1.892
6 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 1:35.449 1.982
7 7 John Watson McLaren-Ford 1:35.557 2.090
8 28 Francia Didier Pironi Ferrari 1:35.596 2.129
9 27 Gilles Villeneuve Ferrari 1:35.627 2.160
10 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 1:35.946 2.479
11 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 1.36.158 2.691
12 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 1:36.210 2.743
13 22 Mario Andretti Alfa Romeo 1:36.296 2.829
14 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1:36.472 3.005
15 25 Francia Patrick Tambay Ligier-Matra 1:36.515 3.048
16 8 Italia Andrea de Cesaris McLaren-Ford 1:37.019 3.552
17 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 1:37.160 3.693
18 32 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 1:37.264 3.797
19 17 Derek Daly March-Ford 1:37.309 3.842
20 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 1:37.355 3.888
21 9 Slim Borgudd ATS-Ford 1:37.807 4.340
22 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:37.912 4.445
23 35 Brian Henton Toleman-Hart 1:38.012 4.545
24 14 Chile Eliseo Salazar Ensign-Ford 1:38.053 4.586
NSC 33 Suíza Marc Surer Theodore-Ford 1:38.114 4.647
NSC 31 Italia Beppe Gabbiani Osella-Ford 1:38.474 5.007
NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart 1:39.279 5.812
NSC 30 Italia Siegfried Stohr Arrows-Ford 1:39.713 6.246
NSC 20 Finlandia Keke Rosberg Fittipaldi-Ford 1:40.345 6.878
NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford 1:40.437 6.970

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 15 Francia Alain Prost Renault 52 1:26:36.897 3 9
2 1 Australia Alan Jones Williams-Ford 52 + 22.175 5 6
3 2 Carlos Reutemann Williams-Ford 52 + 50.587 2 4
4 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Ford 52 + 1:32.902 11 3
5 28 Francia Didier Pironi Ferrari 52 + 1:34.522 8 2
6 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 51 Motor 6 1
7 8 Italia Andrea de Cesaris McLaren-Ford 51 Picada 16
8 23 Italia Bruno Giacomelli Alfa Romeo 50 + 2 voltas 10
9 32 Francia Jean-Pierre Jarier Osella-Ford 50 + 2 voltas 18
10 35 Brian Henton Toleman-Hart 49 + 3 voltas 23
Ret 22 Mario Andretti Alfa Romeo 40 Motor 13
Ret 17 Derek Daly March-Ford 36 Caixa de cambios 19
Ret 25 Francia Patrick Tambay Ligier-Matra 22 Picada 15
Ret 12 Nigel Mansell Lotus-Ford 21 Suspensión 12
Ret 7 John Watson McLaren-Ford 19 Accidente 7
Ret 29 Italia Riccardo Patrese Arrows-Ford 18 Caixa de cambios 20
Ret 4 Italia Michele Alboreto Tyrrell-Ford 17 Accidente 22
Ret 14 Chile Eliseo Salazar Ensign-Ford 13 Trompo 24
Ret 16 Francia René Arnoux Renault 12 Trompo 1
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 11 Picada 4
Ret 3 Eddie Cheever Tyrrell-Ford 11 Trompo 17
Ret 9 Slim Borgudd ATS-Ford 10 Trompo 21
Ret 27 Gilles Villeneuve Ferrari 5 Motor 9
Ret 6 Héctor Rebaque Brabham-Ford 1 Eléctrico 14
NSC 33 Suíza Marc Surer Theodore-Ford
NSC 31 Italia Beppe Gabbiani Osella-Ford
NSC 36 Derek Warwick Toleman-Hart
NSC 30 Italia Siegfried Stohr Arrows-Ford
NSC 20 Finlandia Keke Rosberg Fittipaldi-Ford
NSC 21 Chico Serra Fittipaldi-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1981
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1981
Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1981
Carreira anterior:
Gran Premio de Italia de 1980
Gran Premio de Italia Carreira seguinte:
Gran Premio de Italia de 1982

Notas[editar | editar a fonte]

  • Atormentado polo trauma de case matar ao mecánico Dave Luckett nunha carreira anterior, Siegfried Stohr estrelou o seu Arrows durante a sesión de cualificación. Finalmente decidiu deixar as carreiras e fundou unha exitosa academia de automobilismo.
  • Nelson Piquet marchaba terceiro cando o seu motor explotou na penúltima volta.
  • John Watson tivo un grande accidente nas curvas Lesmo cando saíuse na segunda curva de Lesmo, tocou a herba e trompeou a través da pista, e o seu McLaren de fibra de carbono estrelouse violentamente cara atrás contra as barreira Armco, explotou e rompeu o coche pola metade espraiando os restos do coche alén da pista, o que causou o choque de Michele Alboreto, aínda que saíu saíu con só unhas poucas mazaduras. Pero Watson saíu ileso demostrando a resistencia da fibra de carbono do McLaren.[1][2]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16. 

  1. "John Watson Accidente en Monza, GP Italia 1981". YouTube. Consultado o 2012-06-16. 
  2. "Italian GP, 1981 Race Report - GP Encyclopedia - F1 History on". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 2012-06-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]