Denny Hulme
| Denny Hulme | |
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
|---|---|
| Anos en activo | 1965 - 1974 |
| Escudería(s) | Brabham, McLaren |
| Grandes Premios disputados | 112 |
| Campionatos | 1 (1967) |
| Vitorias | 6 |
| Podios | 33 |
| Pole positions | 1 |
| Voltas rápidas | 9 |
| Primeiro GP | Gran Premio de Mónaco de 1965 |
| Primeira vitoria | Gran Premio deMónaco de 1967 |
| Derradeira vitoria | Gran Premio de Arxentina de 1974 |
| Derradeiro GP | Gran Premio dos Estados Unidos de 1974 |
Denis Clive "Denny" Hulme, OBE, nado o 18 de xuño de 1936 e finado o 4 de outubro de 1992, foi un piloto de Fórmula Un de Nova Zelandia, Campión do Mundo co equipo Brabham en 1967.
Despois pasou ao equipo McLaren e tivo éxito na serie de carreiras CanAm, ata o seu retiro da F1 en 1974, pero continuou pilotando automóbiles deportivos en Australia e Nova Zelandia. Hulme morreu dun ataque ao corazón mentres conducía un BMW M3 durante a Bathurst 1000, polo que se converteu no primeiro ex campión de Fórmula Un en morrer por causas naturais.
Índice |
Inicios da carreira profesional [editar]
Naceu e criouse nunha granxa de tabaco pertencente aos seus pais en Motueka na Illa Sur de Nova Zelandia. O seu pai Clive Hulme foi galardoado ca Cruz da Vitoria, polos seus méritos na batalla de Creta en 1941.
Denny Hulme deixou a escola e púxose a traballar nun garaxe. Gañou o diñeiro suficiente para comprar un MG TF, para entrar rapidamente nas carreiras de montaña. Logo dun impresionante progreso comprou un Cooper-Climax, para posteriormente, ser elixido como piloto de Nova Zelandia para Europa. Unha vez alí, traballou como mecánico no garaxe de Jack Brabham en Chessington e empezou a achandar o seu camiño no seu camiño do automobilismo.
En 1961 presentouse en Le Mans co equipo Abarth, antes Ken Tyrrell invitara ao simpático (pero ás veces áspero) Neocelandes para competir no seu equipo de Fórmula 2. Logo de varias actuacións impresionantes, o seu antigo xefe Jack Brabham, chamou a Hulme para unirse ao equipo de F2 da lenda australiana. A parella dominou o campionato dese ano, acadando un dobrete no Campionato de Europa.
Carreira na Fórmula Un [editar]
1965-1966 [editar]
Logo de facer numerosas aparicións en carreiras no validas para o campionato con Brabham, finalmente Denny recibiu a chamada que esperaba, facendo o seu debut no Campionato Mundial en 1965 en Mónaco. Máis tarde ese ano, gañou os seus primeiros puntos, pola cuarta posición no inmenso Circuíto de Charade en Francia.
1966 foi a primeira tempada completa Hulme na Fórmula Un. Logo da saída de Dan Gurney, converteuse no número dous de Brabham detrás do mesmisimo Jack Brabham. Acabando cuarto ese ano. Un terceiro lugar en Reims en Francia, un segundo por detrás de Brabham en Brands Hatch, e a volta máis rápida en Zandvoort, antes de que os problemas de acendido o fixeran abandonar a carreira.
1967 [editar]
O Campionato de 1967 foi esencialmente un asunto interno a maior parte do ano para o equipo Brabham, aínda que o novo Lotus 49 deu Jim Clark e Graham Hill a oportunidade de volver a gañar. Con todo, dúas vitorias nas 11 carreiras do Campionato, en Monte Carlo e Nürburgring (o "Inferno Verde"), e unha serie de podios, deron vantaxe a Hulme. Gañou o campionato por cinco puntos a Brabham, e outros cinco a Jim Clark. Hulme foi o primeiro (e ata a data, o único) Campión do Mundo de Fórmula Un de Nova Zelandia.
1968-1974 [editar]
En 1968 fichou polo equipo McLaren, propiedade do seu compatriota Bruce McLaren. A carreira de Suráfrica, que se celebrou no lendario circuíto de Kyalami, foi difícil para o equipo. A pesar de ter que usar os vellos motores BRM V12 nun vello chasis M5A, Denny acadou o quinto posto.
Na carreira española no Jarama, Hulme rematou segundo, e acadou dúas vitorias máis ese ano en Monza e en Canadá, deixándoo cunha remota posibilidade de reter a coroa do Campionato contra Graham Hill e o mozo Jackie Stewart.
A carreira de Cidade de México, determinou o campión dese ano, pero por desgraza para Denny un fallo na suspensión do seu McLaren fixoo abandonar.
1969 foi un desastre para Hulme: a versión revisada do chasis M7A tivo problemas de fiabilidade, e Hulme só logrou 20 puntos, logrando unha vitoria, ironicamente, á luz dos acontecementos da tempada anterior, na carreira final en México. Hulme terminou a tempada en sexta posición na clasificación de pilotos.
1970 trouxo unha nova década, pero a sorte de Hulme non cambiou. O xefe do equipo e gran amigo Bruce McLaren morreu, mentres probaba o McLaren M8D para a CanAm, o que afectou a Denny. Tivo outro problema ese mesmo ano, cando sufriu queimaduras nas mans cun lume de metanol durante a práctica das 500 millas de Indianápolis. Como resultado, perdeuse o Gran Premio de Holanda en 1970. Sen inmutarse, logrou un cuarto lugar no campionato con 27 puntos.
En 1971 o equipo McLaren estaban en desorde. Hulme acadou as volta rápida no Canadá e os Estados Unidos ese ano, pero os resultados eran difíciles de conseguir. Denny terminou noveno na clasificación de 1971.
En 1972 xunto co seu bo amigo Peter Revson, Denny volveu á senda do triunfo logrando a vitoria en Suráfrica, e uns poucos podios noutras carreiras, terminando en 1972 no terceiro lugar con 39 puntos.
Sorprendentemente, Hulme só anotou unha pole position na súa carreira na F1, en 1973 en Kyalami. Con todo, Hulme foi eclipsado polo seu amigo e compañeiro de equipo Peter Revson en 1973, e terminou sexto a 12 puntos do seu compañeiro.
El e Revson construíron unha gran amizade e camaradería na F1 e tamén competiron xuntos na serie Can-Am. Cando Revson deixou McLaren a finais de 1973 para unirse á Shadow, Hulme quedou decepcionado.
Logo do Gran Premio de Brasil no que Denny finalizou en duodécima posición, comezaron as probas en Kyalami. Revson perdeu o control do seu coche, batendo de fronte contra as barreiras. Hulme tratou en balde de salvar a vida do seu amigo, pero foi en balde. Despois do accidente Hulme anunciou a súa despedida. Con todo, aparte de gañar a carreira arxentina e quedar segundo en Austria, non fixo unha gran tempada, e retirouse dignamente ao final do ano.
Resultados completos en Fórmula 1 [editar]
Nota: Carreiras en letra grosa indican pole position
| Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Posición | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1965 | RSA
NP |
MON
8 |
BEL
NP |
FRA
4 |
GBR
Ret |
HOL
5 |
ALE
Ret |
ITA
Ret |
USA
NP |
MEX
NP |
11º | 5 | ||||||
| 1966 | MON
Ret |
BEL
Ret |
FRA
3 |
GBR
2 |
HOL
Ret |
ALE
Ret |
ITA
3 |
USA
Ret |
MEX
3 |
4º | 18 | |||||||
| 1967 | RSA
4 |
MON
1 |
HOL
3 |
BEL
Ret |
FRA
2 |
GBR
2 |
ALE
1 |
CAN
2 |
ITA
Ret |
USA
3 |
MEX
3 |
1º | 51 | |||||
| 1968 | RSA
5 |
ESP
2 |
MON
5 |
BEL
Ret |
HOL
Ret |
FRA
5 |
GBR
4 |
ALE
7 |
ITA
1 |
CAN
1 |
USA
Ret |
MEX
Ret |
3º | 33 | ||||
| 1969 | RSA
3 |
ESP
4 |
MON
6 |
HOL
4 |
FRA
8 |
GBR
Ret |
ALE
Ret |
ITA
7 |
CAN
Ret |
USA
Ret |
MEX
1 |
6º | 20 | |||||
| 1970 | RSA
2 |
ESP
Ret |
MON
4 |
BEL
NP |
HOL
NP |
FRA
4 |
GBR
3 |
ALE
3 |
AUT
Ret |
ITA
4 |
CAN
Ret |
USA
7 |
MEX
3 |
4º | 27 | |||
| 1971 | RSA
6 |
ESP
5 |
MON
4 |
HOL
12 |
FRA
Ret |
GBR
Ret |
ALE
Ret |
AUT
Ret |
ITA
NP |
CAN
4 |
USA
Ret |
13º | 9 | |||||
| 1972 | ARG
2 |
RSA
1 |
ESP
Ret |
MON
15 |
BEL
3 |
FRA
7 |
GBR
5 |
ALE
Ret |
AUT
2 |
ITA
3 |
CAN
3 |
USA
3 |
3º | 39 | ||||
| 1973 | ARG
5 |
BRA
3 |
RSA
5 |
ESP
6 |
BEL
7 |
MON
6 |
SUE
1 |
FRA
8 |
GBR
3 |
HOL
Ret |
ALE
12 |
AUT
8 |
ITA
15 |
CAN
13 |
USA
4 |
6º | 26 | |
| 1974 | ARG
1 |
BRA
12 |
RSA
9 |
ESP
6 |
BEL
6 |
MON
Ret |
SUE
Ret |
HOL
Ret |
FRA
6 |
GBR
7 |
ALE
Ret |
AUT
2 |
ITA
6 |
CAN
6 |
USA
Ret |
7º | 20 |
| Predecesor: Jack Brabham |
Campión da Fórmula 1 1967 |
Sucesor: Graham Hill |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Group7.nl (en inglés).
- Estadísticas
- The Speed Blog (en inglés).
- Bruce McLaren Trust páxina oficial (en inglés).