Xosé Manuel Pose Mesura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Manuel Pose Mesura
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Malpica de Bergantiños, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Delegado do Goberno en Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAna Romero Masiá Editar o valor em Wikidata
IrmánsModesto Pose Mesura Editar o valor em Wikidata

Xosé Manuel Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) en 1950 e finado na Coruña o 4 de novembro de 2012,[1] foi un político galego do PSdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía clásica, profesionalmente dedicouse ao ensino do latín no ensino secundario. Politicamente é militante do PSdeG-PSOE, e resultou escollido concelleiro en Ferrol. Representante do partido xudicial de Ferrol na Deputación da Coruña, foi designado director do INEM na provincia da Coruña. Posteriormente foi designado subdelegado do goberno na provincia da Coruña, e en outubro de 2011, a un mes das eleccións xerais de 2011, delegado do goberno en Galicia, en substitución de Miguel Cortizo, candidato electoral polo PSOE.


Predecesor:
Miguel Cortizo
 Delegado do goberno en Galicia 
2011 - 2012
Sucesor:
Samuel Juárez

Obras[editar | editar a fonte]

  • Galicia nos textos clásicos, 1988 (con Ana Romero Masiá).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén político socialista Modesto Pose. Casou con Ana Romero Masiá.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece el exdelegado del Gobierno José Manuel Pose Mesura". laopinioncoruna.es (en castelán). 5-11-2012. Consultado o 1-12-2019.