Berenguela de León e Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Berenguela de León e Castela no Retiro de Madrid

Berenguela, ou Berengaria, nada en Segovia o 1 de xuño de 1180 e falecida en Las Huelgas o 8 de novembro de 1246, foi a filla primoxénita de Afonso VIII de Castela e de Leonor Plantaxeneta, princesa da Inglaterra. Foi raíña consorte de León entre 1197 e 1204, rexente de Castela entre 1214 e 1217 e raíña de Castela en 1217.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casamentos[editar | editar a fonte]

En 1188, con apenas 8 anos de idade, Berengaria foi prometida a Conrado de Hohhenstauffen, duque da Suabia (1170-1198), fillo de Federico I Barbarroxa. Desta forma, o seu tío Ricardo Corazón de León consolidaba a alianza co emperador xermánico. Mas Conrado foi asasinado en 1196 e o casamento non chegou a ser realizado.

Casouse entón co curmán do seu pai, Afonso IX de León, fillo de Fernando II de León e de Urraca, infanta de Portugal, en decembro de 1197. Ao contrario do papa Celestino III, que autorizara esta unión, o papa Inocencio III reprobouna e anulouna en 1204, debido á consanguinidade dos noivos. Entre tanto xa naceran o futuro Fernando III de León e Castela e catro outros fillos.

Rexencia e reinado[editar | editar a fonte]

Castillo de Doña Berenguela en Bolaños de Calatrava Cidade Real

Trala morte de seu pai, en 1214, o trono de Castela foi herdado polo seu irmán mais novo, Henrique, entón con apenas dez anos. A rexencia foi inicialmente entregada á súa nai Leonor Plantaxeneta, mais coa morte desta após 24 dias, coubo a Berengaria rexer o reino. Comezaron entón conflitos con algunha nobreza castelá, encabezada por Álvaro Núñez de Lara. Por fin forzárona a ceder a tutela do xove rei ao poderoso conde, mais esta situación acabou tamén por non ser do agrado doutros nobres casteláns.

O asunto acabou resolvéndose dunha forma drástica e accidental, xa que o pequeno Henrique morreu tres anos despois mentres xogaba con outros nenos. Foi así como o encargo de reinar recaeu sobre os ombros de Berengaria en 1217. Case inmediatamente, a raíña abdicou en favor de Fernando, fillo que tivera de Afonso IX de León, que subiu así ao trono como Fernando III de Castela.

Raíña nai[editar | editar a fonte]

Berengaria pasou entón a conselleira do rei. «Todos os seus designios e desexos eran a procura de honras para o seu fillo de todas as formas posíbeis»[1]. Axudou a subxugar os nobres rebeldes e despois combinou o casamento de Fernando cunha esposa digna do xove monarca, Isabel de Hohenstaufen (coñecida en Castela como Beatriz da Suabia), filla do duque Filipe da Suabia e sobriña do primeiro noivo de Berengaria.

Armas unidas de Castela e León, usadas pola primeira vez por Fernando III

Descontento coa situación, Afonso IX de León desherdou a Fernando do trono leonés, en favor das fillas que tivera do seu primeiro casamento con Teresa de Portugal, as infantas Sancha e Dulce.

E por ter sido casado con Berenguela, pasou a ambicionar tamén a coroa de Castela, iniciando contendas na fronteira entre os dous reinos. Tivo o auxilio dos descontentos Lara, que se exiliaran en León após a subida de Fernando ao trono. Fernando venceu a oposición e Afonso IX pediu a paz. Os Lara tiveron que fuxir para terras de árabes para escapar á ira do novo monarca, onde se conta que Álvaro Núñez morreu miserabelmente.

En 1230, trala morte de Afonso IX de León, o seu reino foi deixado ás súas fillas do primeiro matrimonio, Sancha e Dulce. Berengaria soubo usar a diplomacia con grande mestría. Axudada pola nobreza e clero leoneses, ben como por Teresa de Portugal, nai das infantas, conseguiu que estas renunciasen ao trono en favor de seu medio irmán Fernando, en troca dunha significativa contía en diñeiro e outros privilexios. Polo Tratado das Tercerias, León e Castela uníronse para sempre na persoa de Fernando III, o Santo, e seus descendentes, pasando Castela a deter a hexemonía na Hispania.

A raíña nai tamén mantivo unha forte ligazón coa súa irmá Branca, raíña da Francia. Foi esta quen suxeriu casar a Fernando con Xoana de Ponthieu, despois da morte de Beatriz da Suabia en 1235. Berengaria retirouse para o mosteiro de Las Huelgas en Burgos, onde faleceu o 8 de novembro de 1246.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Do seu casamento con Afonso IX de León, tivo:


Reino de Castela

Segue a:
Afonso IX
Berenguela de León e Castela
Precede a:
Fernando III
Borgoña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crónica latina de los Reyes de Castilla

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Berenguela of Castile's Political Motherhood, Miriam Shadis, 1996
  • Reinas Catolicas, Enrique Florez, 1761
  • Encyclopædia Britannica, 11.ª edición.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]