Vilafranca do Bierzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vilafranca do Bierzo
Escudo de Vilafranca do Bierzo
PadresPaúlesVillafranca.jpg
Antigo Colexio Xesuíta e sede da Deputación
Situación
Villafranca del Bierzo - Mapa municipal.svg
Xentilicio[1]: Borresego/a
Xeografía
Provincia: Provincia de León
Comarca: Bierzo
Poboación: 3.504 hab. (2008)
Área: 177,37 km²
Densidade: 19,76 hab./km²
Entidades de poboación:
Capital do concello: Vilafranca do Bierzo
Política (2007)
Alcalde: Agustín García Millán (PP)
Concelleiros: PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes:  %
Sitio web oficial
http://www.villafrancadelbierzo.org

Vilafranca do Bierzo é un concello galegofalante de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada ao NO da provincia de León. Forma parte do Camiño de Santiago, formando etapa e meta ao mesmo tempo: na Igrexa dedicada ao Apóstolo, na vila, pode gañarse o xubileu. É considerado tradicionalmente como un dos 47 concellos da Galicia estremeira.

Nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce. Ten unha altitude de algo máis de 500 m.

Índice

[editar] Poboación

Segundo o censo de 2001 conta con algo más 3.700 habitantes. A distribución por sexo é un pouco máis do 50% de mulleres.

[editar] Historia

Creouse o Señorío de Vilafranca no s.XII. No XV establécese o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio O 27 de xaneiro de 1822 crease a provincia de Vilafranca do Bierzo, sendo a súa capital Vilafranca; esta provincia durou até o 1 de outubro de 1823.

Nesta vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 6 de marzo de 1695.

Tamén naceu aquí Enrique Gil y Carrasco (1815-1846), escritor romántico, autor de El Señor de Bembibre.

[editar] Economía e Industria

[editar] Monumentos

  • A Colexiata: S. XVI-XVII
  • A Anunciada
  • San Nicolás
  • Santiago: S.XII-XIII
  • Convento de San Francisco: S.XIII
  • Castelo

[editar] Arte e Cultura

Foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965.

[editar] Festas e Feiras

[editar] Festas Patronais

Festas do Cristo o 14 de setembro.

[editar] Outras Festas

  • San Tirso, o 31 de xaneiro
  • Semana Santa
  • Festa do Maio, 1 de maio
  • Festa da poesía, no mes de xuño
  • Festa e feira de Santiago, 25 de xullo
  • Festa do turista, mes de agosto

[editar] Restauración e aloxamento

[editar] Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.


Concellos galegofalantes | provincia de León

Barxas | Borrés | Cacabelos | Candín | Carucedo | Carracedelo | Corullón | Oencia | Ponte de Domingos Flórez | Sobrado | Toural dos Vados | Trabadelo | Valboa | A Veiga de Valcarce | Vilafranca do Bierzo

Concellos parcialmente galegofalantes
Arganza | Benuza | Camponaraia | Fabeiro | Peranzais | Ponferrada | Priaranza | A Veiga de Espiñareda


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas