Henrique de Borgoña
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Henrique de Borgoña | |
|---|---|
| Conde de Portugal | |
| Reinado | 1093 – 1112 |
| Predecesor | Raimundo |
| Sucesor | Afonso Henriques |
| Cónxuxe | Tareixa de Portugal |
| Descendencia | |
| Urraca Henriques Sancha Henriques Teresa Henriques Henrique Henriques |
|
| Casa | Casa de Borgoña |
| Pai | Henrique de Borgoña |
| Nacemento | c. 1066 Ducado de Borgoña, reino de Francia |
| Falecemento | 22 de maio de 1112 Astorga. |
| Enterramento | Catedral de Braga, Braga, Condado de Portugal |
Henrique de Borgoña, nado no 1066 en Dijon e finado o 24 de abril de 1112 en Astorga, foi conde de Portugal desde 1093 ata a súa morte. Fillo de Henrique de Borgoña, herdeiro de Roberto de Borgoña e de Beatriz ou Sibila de Barcelona, foi irmán de Hugo I, duque de Borgoña, e de Eudes I de Borgoña. Foi á súa vez, parente de Raimundo de Borgoña e do propio Papa Calisto II.
Como fillo menor, Henrique tivo escasas oportunidades de adquirir títulos e fortuna por herdanza, e por esa razón procurou riqueza e poder na Península Ibérica participando nas campañas bélicas entre monarcas cristiáns e musulmáns. Sería baixo o amparo de Afonso VI -casado con Constanza de Borgoña, tía de Henrique- onde atoparía o recoñecemento dos seus triunfos na guerra. Así, ao pouco tempo, o rei Afonso concerta o matrimonio dunha das súas fillas -a infanta Tareixa-, con Henrique, encomendándolle a ambos o señorío do condado de Portugal, no sur do reino de Galiza.
Descendencia[editar]
Henrique tivo con Tareixa, tres fillos e tres fillas, non obstante o único fillo home que chegou á maioría de idade foi Afonso Henriques, quen tras a morte de Henrique o sucedería no título condal, sendo o segundo conde de Portugal xa no ano 1112. Sería o seu herdeiro, Afonso Henriques o que levaría a cabo a gran empresa de expansión e independencia política do pequeno condado de Portugal, que o levaría a titularse rei de Portugal no ano 1139, rompendo co resto do reino de Galiza, e creando un novo reino, -motivo de discordía coa súa nai, e que levaría a ambos a confrontarse no campo de batalla-.
Das tres fillas de Henrique, só dúas chegarían a idade adulta, Urraca e Sancha. Urraca casaría co nobre galego Vermudo Peres de Trava, Conde de Trastamara, e pola súa parte Sancha contraería matrimonio con outro importante aristócrata galego, Sancho Nunes de Celanova co que tería un fillo, Velasco Sanches.
|
Henrique de Borgoña
Nacemento: 1066 Falecemento: 1112
|
||
| Outros títulos Nobiliarios | ||
|---|---|---|
| Vacante
O último posuidor do título foi
Nuno II Mendes
|
Conde de Portugal 1093 – 1112 |
Sucedido por Afonso I de Portugal |