Carta Magna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Magna Carta Libertatum de 1215

A Carta Magna ("Gran Carta" en latín), tamén coñecida como Magna Carta Libertatum, é un documento inglés de 1215 que limitou o poder dos monarcas de Inglaterra, especialmente o do rei Xoán sen Terra, quen a asinou, impidindo así o exercicio do poder absoluto. Foi o resultado dos desencontros entre Xoán, o Papa e os nobres ingleses sobre as prerrogativas do soberano. De acordo ós termos da Carta Magna, Xoán debía renunciar a certos dereitos e respectar determinados procedementos legais, recoñecendo que a vontade do rei estaría suxeita á lei. Considérase á Carta Magna coma o primeiro capítulo dun longo proceso histórico que levaría ao xurdimento do constitucionalismo.

Por extensión, tamén se denomina Carta Magna á Constitución dun Estado, que é a norma suprema que forma todo o seu ordenamento xurídico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]