Xoán I de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoan I de Inglaterra

Xoán I de Inglaterra, máis coñecido como Xoán sen Terra (orixinalmente Sans-Terre en francés, Lackland en inglés[1]), nado en Oxford o 24 de decembro de 1166 e finado en Nottinghamshire o 18 de outubro de 1216, foi rei de Inglaterra e Señor de Irlanda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xoán gañou o sobrenome de Sen Terra debido a súa carencia de herdanza por ser o menor dos fillos e pola perda dos territorios en Francia. Tamén foi alcumado Espada Suave pola súa ineptitude militar.

Rei de Inglaterra[editar | editar a fonte]

Xoán subiu ao trono inglés en 1199 cando finou o seu irmán Ricardo Corazón de León en Francia. Xoán, non contou co apoio dos seus súbditos. En Normandía, os nobres preferían a candidatura do seu sobriño Artur de só doce anos.

Para resolver o problema, Xoán invadiu o Ducado de Bretaña en 1202 e Arturo pediu axuda ao rei Filipe II de Francia. Artur foi capturado e asasinado ó ano seguinte, pero xa era tarde para impedir a intervención dos franceses. Xoán foi acusado por Filipe II de raptar a Isabel de Angoulême. En 1204, Filipe II invadiu e conquistou Normandía e o condado de Anjou. Os aliados de Xoán, foron derrotados en Bouvines e Xoán non recuperou as súas terras e o dominio inglés no continente quedou reducido ó Ducado de Aquitania.

Despois de fracasar no seu intento de recuperar os seus territorios en Francia, volveu a Inglaterra. Alí loitou contra os baróns os cales obrigárono a asinar preto de Londres o día 15 de xuño de 1215 a Carta Magna ós baróns e burgueses insatisfeitos coa súa política. A Carta Magna limitou o poder da monarquía, e consistiu nun tratado de dereitos e deberes que o rei debía cumprir. Considerase que este tratado marca o comezo da monarquía constitucional en Inglaterra.

Xoán pediu axuda ó Papa, quen o eximiu do xuramento. Tras isto Xoán ignorou todos os principios do documento. En 1216, moitos baróns descontentos co seu reinado, apoiaron a invasión de Inglaterra por parte dos franceses liderados por Luís VIII de Francia e ofrecéronlle o trono. Luís foi proclamado rei de Inglaterra en maio dese ano pero nunca foi coroado. Luís aceptou o cargo e a celebración produciuse en Londres onde reuníronse moitos nobres e incluso o rei Alexandre II de Escocia para xurarlle vasalaxe.

Xoán sen Terra morreu en Newark-on-Trent, Inglaterra en 1216, posiblemente envelenado por un abade e foi sepultado na catedral de Worcester. Sucedeuno o seu fillo Henrique III.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

No ano 2006 a revista BBC History elixiuno un dos peores británicos do século XIII.[2]

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ricardo I de Inglaterra
Flag of England.svg
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda

1199 - 1216
Sucesor:
Henrique III de Inglaterra