Mazá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Mazá.

A mazá é o froito da maceira, máis particularmente, da maceira doméstica, árbore froiteira amplamente cultivada. O estudo do cultivo das mazás constitúe unha parte da pomoloxía (a pomoloxía engloba tódolos froitos con pebidas). A mazá é comestible e ten un sabor doce e ácido segundo as variedades.

Tipos[editar | editar a fonte]

Xeralmente, distínguense tres tipos de mazás comestibles: as mazás de sidra, as mazás de mesa ou mazás "de coitelo" e as mazás para cocer, que pertencen a un dos dous primeiros tipos pero soportan ben a cocción. Estes tres tipos proveñen da especie Malus pumila con máis de 20.000 variedades en todo o mundo.

Mazá silvestre[editar | editar a fonte]

A mazá silvestre (maceira brava: Malus sylvestris) é máis pequena cá cultivada e frutifica e madurece máis tarde, o seu sabor é lixeiramente máis acedo. Consumida en cantidade pode provocar indixestión polo que é máis habitual o seu consumo en forma de compota ou asada, consérvase durante meses nun lugar fresco e seco.

Usos[editar | editar a fonte]

Varias bebidas son elaboradas a base de mazás, en particular o zume de mazá que non ten fermentación, azucrado e sen alcol, e a sidra, producida a partir da fermentación dese zume.

Variedades[editar | editar a fonte]

A mazá na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Moza bonita no mundo
non había de nacer,
porque fai como a mazá:
tódolas queren comer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mazá

Outros artigos[editar | editar a fonte]