Carrión de los Condes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°20′20″N 4°36′7″W / 42.33889°N 4.60194°W / 42.33889; -4.60194

Carrión de los Condes
Bandera Carrión Condes.svg Escudo de Carrión de los Condes Nuevo.svg
Imagen Carrion de los Condes.jpg
Vista de Carrión de los Condes
Situación xeográfica
País España España
Com. Autónoma Castela e León
Provincia Palencia
Comarca Terra de Campos
Xeografía
Altitude 830 msnm
Superficie 63,37 km²
Poboación
Poboación 2.221 hab. (2011)
Densidade 35,05 hab./km²
Xentilicio carrionés/sa
Información
Código postal 34120
Alcalde Francisco Javier Villafruela Fierro (PP)
Páxina web www.carriondeloscondes.es

Carrión de los Condes é unha localidade e municipio español da comarca de Tierra de Campos na provincia de Palencia, en Castela e León. O municipio está formado polo núcleo principal, Carrión de los Condes, e inclúe tamén a pedanía de Torre de los Molinos. Ten unha poboación de 2.328 habitantes (2008).

Dista 40 km da cidade de Palencia, 80 km de Burgos, 95 km de Valladolid, 95 km de León e 275 km de Madrid.

Situado no Camiño de Santiago, o municipio é coñecido polos seus monumentos románicos e góticos, entre os que destaca o Pantocrátor da igrexa de Santiago, unha dos cumes da escultura románica.

Historia[editar | editar a fonte]

Escudo ata 2012.

Diversos achados arqueolóxicos mostran que o lugar xa estaba poboado en tempos prerromanos. En concreto parece ser que a parte alta da cidade, onde actualmente se atopa a Igrexa da nosa Señora de Belén, corresponderíase coa cidade vaccea de Lacobriga, posteriormente romanizada e parada importante na vía romana Aquitania que ía desde de Bordeos a Astorga.

Tradicionalmente afírmase que o nome de los Condes refírese aos condes Gómez Díaz, da liñaxe dos Banu Gómez, e a súa muller Teresa Peláez, quen construíron en 1047 o convento benedictino de San Zoilo, a ponte sobre o río Carrión e un hospital de peregrinos. Con todo, non consta o nome completo Carrión de los Condes ata o ano 1522, no testamento de Aldonza Manrique. Tiveron gran importancia para Carrión os marqueses de Aguilar de Campoo condes de Castañeda, descendentes da liñaxe real de Castela polo conde Tello de Castela e das liñaxes de la Vega, Girón e Cisneros. Da primeira condesa de Castañeda, Aldonza de Castela e do seu esposo Garci Fernández Manrique, que fundaron e dotaron o hospital da Trinidad, foron fillos Juan Fernández Manrique, marqués de Aguilar e conde de Castañeda, e Gabriel Manrique, conde de Osorno, quen fundaron unha irmandade co conde de Treviño e duque de Nájera, o seu curmán, para evitar que a vila de Carrión saíse do patrimonio da Coroa real (reguengo) e puidese chegar a poder do conde de Benavente, Rodrigo Alonso Pimentel (1419-1474), que a pretendía. O Concello de Carrión renovou este pacto en 1462. A esta irmandade débese o apelido dos Condes que leva a cidade, e non aos renombrados condes Gómez Díaz e Teresa Pelaéz, como equivocadamente crese.

Durante a Alta Idade Media, Carrión de los Condes foi unha das cidades máis importantes dos reinos cristiáns e nela celebráronse cortes e sínodos.

O autor do Codex Calixtinus di de Carrión que é «rica en pan e viño». A portada da igrexa románica de Santiago mostra a vinte e dúas artesáns, a quen non faltaba o traballo pola abundancia de peregrinos. Consta que na época en que se escribiu este texto a metade da vila estaba en mans de Gutierre Fernández de Castro xuntamente coa fortaleza veciña de Castrojeriz. Nos anos sucesivos, a tenencia sería compartida con outras familias (especialmente os Girón). En 1165 posuíaa Diego Girón e dous anos máis tarde o poderoso Nuño Pérez de Lara.[1]

A igrexa románica de Santa María mostra o milagre das doncelas, lenda segundo a cal uns touros liberaron ás doncelas carrionesas de ser entregadas como tributo aos reis mouros.

En 1209 Gonzalo Rodríguez Girón e a súa esposa fundaron o Hospital da Herrada que prestaba asistencia aos peregrinos xacobeos.

Na época dos Austrias e dos primeiros Borbóns, pertence á extinguida provincia de Toro.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica de Carrión de los Condes
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2010
3.318 3.288 3.069 3.331 3.326 3.516 3.414 2.588 3.016 2.519 2.425 2.300

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Portada da igrexa de Santa María del Camino
  • Hospital da Herrada
  • Igrexa de Santa María del Camino, románica do século XI.
  • Igrexa de Santa María de las Victorias, románica do século XII.
  • Igrexa de Santiago el Mayor, románica do século XIII.
  • Mosteiro de Santa Clara, século XIII.
  • Mosteiro de San Zoilo (século XI-XVI), cun magnífico claustro plateresco.
  • Igrexa de Nuestra Señora de Belén (séculos XVI-XVII).
  • Igrexa de San Andrés Apóstol.
  • Igrexa de San Julián.

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV.AA. Palencia en los Siglos del Románico (Aguilar de Campoo - Palencia, 2002) Fundación de Santa María la Real (p.185)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrión de los Condes