Toro, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°31′34″N 05°23′41″W / 41.52611°N 5.39472°W / 41.52611; -5.39472

Toro, Zamora
Escudo de Toro.svg
Situación xeográfica
Localización Municipio Toro Zamora.png
País España España
Comunidade autónoma Flag of Castile and León.svg Castela e León
Provincia Zamora
Comarca Alfoz de Toro
Xeografía
Altitude 740 msnm
Superficie 324,79 km²
Poboación
Poboación 9.748 hab. (2010)
Densidade 30,01 hab/km²
Xentilicio Toresano/a o cermeño/a
Información
Código postal 49800
Alcalde Jesús Andrés Sedano Pérez (PP)
Páxina web http://www.toroayto.es/
Colexiata de Santa María A Maior.

Toro (en galego antigo: Touro[1]) é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localízase no noroeste da Península Ibérica. Ao pé da cidade discorre o río Douro, que pode verse desde a atalaia que ocupa a cidade. Tamén percorren o seu termo o río Guareña e o río Hornija, xunto con outros regatos de menor importancia. O concello é un dos máis extensos da provincia.

Historia[editar | editar a fonte]

Na Idade Antiga, a cidade (propiedade do pobo vacceo) era coñecida co nome de Albocela ou Arbucala. Durante a invasión romana da Península, levantouse xunto a Toro un campamento romano para o ataque de astures e cántabros.

Segundo o bispo Sampiro, cronista do rei Afonso III, Toro forma parte dunha repoboación no ano 899, co propósito de evitar que fose reconquistada polas tropas musulmás. Así, o repoboamento trasladou xente "prescindible" ou "excedente" das cidades. Na Idade Media, Toro converteuse nunha das cidades máis prósperas do Reino de León, grazas ao seu viño. A comarca tiña bastante produción vinícola e atribúese ao rei Afonso IX de León a frase "Teño un Toro que me da viño e un León que mo bebe".

En 1476, os partidarios da raíña Isabel a Católica subleváronse contra os lusos de Xoana a Beltranexa que ocupaban a vila.

Durante 400 anos, Toro foi unha das 17 vilas e cidades españolas con dereito a voto en Cortes, ocupando o lugar 12º, despois de Zamora e antes de Madrid.

Demografía[editar | editar a fonte]

  • Evolución demográfica de Toro desde 2000 ata 2007
1900 1920 1940 1960 1981 2001 2010
8.187 7.819 8.260 10.457 9.765 9.282 9.748

Política[editar | editar a fonte]

O alcalde dende 1999 é don Jesús Andrés Sedano Pérez (PP). O anterior alcalde foi o socialista Agustín Asensio (alcalde no período 1991-1999).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Touro". Dicionario de dicionarios do galego medieval. http://sli.uvigo.es/DDGM/ddd_pescuda.php?pescuda=Tourro&tipo_busca=toponimo.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toro, Zamora