Miguel González Garcés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Miguel González Garcés, nado na Coruña o 12 de xaneiro de 1916 e finado o 12 de decembro de 1989, foi un escritor galego en lingua española e galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Madrid. Posteriormente fixo oposiciónes ao Corpo de Arquivieros, Bibliotecarios e Arqueólogos, sendo destinado inicialmente en Madrid. Pide o traslado a Coruña, pasando a dirixir a Biblioteca Pública do Estado, na que estivo durante 40 anos. Simultaneamente dirixiu o Centro provincial coordinador de Bibliotecas.

Colaborador en diversas publicacións literarias como Atlántida, da que foi un dos impulsores; dirixiu a revista Nordés na súa primeira etapa.

Nos anos 50 foi un dos máis firmes defensores do criterio xeográfico, segundo o cal se consideraría literatura galega a feita por escritores nados dentro das fronteiras administrativas da Galiza con independencia da lingua na que se expresasen. Estas ideas levárono a diversas polémicas xornalísticas no diario compostelán La Noche, especialmente con Xosé Luís Méndez Ferrín e con Gonzalo Rodríguez Mourullo, ambos defensores do criterio lingüístico, amplamente recoñecido a día de hoxe. Nos anos setenta fixo diversas antoloxías de poesía galega.

[editar] Premio Miguel González Garcés

Como homenaxe á súa figura, a Deputación da Coruña instituiu en 1991 o premio de poesía Miguel González Garcés.

[editar] Obra en galego

[editar] Poesía

[editar] Obra en castelán

[editar] Poesía

  • Vibraciones, 1947.
  • Isla de dos, 1953.
  • Poema del imposible sosiego, 1954.

[editar] Ensaio

  • Poesía gallega contempóranea, 1974.
  • Poesía gallega de postguerra (1939-1975), 1975, Edicións do Castro.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Homenaxe a Miguel González Garcés. Deputación da Coruña, 1991.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas