Alcañices

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alcañices é unha vila e municipio (un dos 248) da provincia de Zamora. Atópase a 60 quilómetros ao noroeste da capital zamorana. Alcañices é a capital da bisbarra de Aliste e pertence á zona electoral de Zamora, coñecida na bisbarra por ser un dos grandes poboados antes de pasar a Portugal. O nome da localidade é de orixe árabe e quere dicir: "As Igrexas".

Demografía e política[editar | editar a fonte]

Actualmente (2007) ten unha poboación de 1.052 habitantes. Na actualidade Alcañices entre as súas moitas actividades ao turismo rural, aínda que centra o seu economía na gandaría e no cultivo de hortalizas. Posúe algunha industria en carpintaría.


ADEIZA-UPZ PP PSOE Outros Total
2003  ?  ?  ?  ? 9
2007 2 5 2 0 9