Interdito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Interdito é unha sanción prerrogativa do Papa na Igrexa Católica. Significa a suspensión do culto público, paralización dos oficios divinos e peche das igrexas sobre un territorio. Os sacramentos do bautismo e unción de enfermos serán os únicos ritos permitidos en días santos.

Un Interdito moi coñecido foi o sancionado polo Papa Inocencio III sobre o Reino de Inglaterra de 1208 a 1215, provocado pola negativa do rei Xoán I de Inglaterra a aceptar a designación papal para o arcebispado de Canterbury.