Illas Marianas do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mancomunidade de Illas Marianas do Norte
Commonwealth of the Northern Mariana Islands
Sankattan Siha Na
Bandeira das Illas Marianas do Norte
Escudo das Illas Marianas do Norte
BandeiraEscudo
Northern Mariana Islands on the globe (Southeast Asia centered) (small islands magnified).svg
Himno: Gi Tallo Gi Halom Taxe
Capital
 Poboación
Saipan
62 392 (2000)
Cidade máis poboadaSaipan
Linguas oficiaisInglés e chamorro
Forma de gobernoMancomunidade
Donald Trump
Ralph Torres
Dependencia dos Estados Unidos1945
SuperficiePosto 197º
 • Total477 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras0 km
Costas1 482 km
 • Total (2006 est.)82 459 hab.
 • Densidade168 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
MoedaDólar estadounidense ($, USD)
IDHn/d
Xentilicion/d
Fuso horarioUTC +10
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.mp
Prefixo telefónico+1-670
Prefixo radiofónicon/d
Código ISO580 / MNP / MP

As illas Marianas do Norte ou Marianas Setentrionais, designadas oficialmente Commonwealth of the Northern Mariana Islands ou (CNMI) son un "estado libremente asociado" aos Estados Unidos de América, situado na Micronesia, que comprende 14 illas do arquipélago das Marianas.

Fai divisa, ao norte coas Illas do Vulcán e de Minami Torishima e outros territorios do Xapón, ao sur coa dependencia estadounidense de Guam e cos Estados Federados de Micronesia.

Historia[editar | editar a fonte]

As illas foron “descobertas” por Fernão de Magalhães en 1521, que as declarou colonia española e as apelidou de "Islas de los Ladrones", (Illas dos Ladróns), aparentemente porque os nativos non eran amigables. En 1668 o nome das illas foi mudado para Las Marianas, en homenaxe a Mariana da Austria, viúva do rei Filipe IV de España.

Practicamente toda a poboación nativa foi exterminada durante o dominio español e, máis tarde, foron repoboadas por nativos doutras illas da Micronesia. A colonia española foi vendida á Alemaña en 1899 e tomada polos xaponeses en 1914, que a tornaron nunha zona militar. Durante a segunda guerra mundial, os “Marines” aterraron alí a 15 de xuño de 1944 e gañaron a Batalla de Saipan, que durou 3 semanas.

Despois da derrota do Xapón, as illas pasaron a ser admnistradas polos EUA, como parte do Protectorado das Illas do Pacífico das Nacións Unidas, nun mandato da ONU, a partir de 1947. Na década de 1970, os seus habitantes decidironse, non a favor da independencia, mais de lazos máis fortes cos EUA e, a 1 de xaneiro de 1978 foi aprobada a constituición do seu estatuto actual.

Xeografia[editar | editar a fonte]

As Illas Marianas constitúen un arco vulcánico no encontro das placas tectónicas das Filipinas e do Pacífico. Na vertente oriental deste arco atopase a Foxa das Marianas, onde foi detetada a maior profundidade dos océanos, -10.924 m.

As illas son, de sur para norte: Saipan, Tinian, Rota, Aguixan, Farallon de Medinilla, Anatahan, Sarigan, Guguan, Alamagan, Pagan, Agrihan, Asuncion, Maug e Farallon de Paxaros. Saipan, Tinian e Rota son as únicas con poboación permanente.

As illas do norte tén vulcáns activos, en canto as do sur están cobertas por terrazos coralinos. O clima é tropical.

Principais Cidades[editar | editar a fonte]

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

A superficie total das illas é de 477 km². Só 4 das illas están habitadas segundo o censo do 2000.

Núm. Nome Área (km²) Poboación Altura (m) Punto máis alto Coordenadas
1 Farallón de Paxaros 2.55 Deshabitada 360 Sen nome 20º33'N 144º54'E
2 Illas Maug 2.13 Ocupada en 1939-1944 227 Sen nome (Illa do Norte) 20º02'N 144º54'E
3 Illa Asunción 7.31 Deshabitada 891 Sen nome 19°43'N 145°41'E
4 Agrihan 43.51 Evacuada en 1990 965 Monte Agrihan 18º46'N 145º41'E
5 Pagan 47.23 Evacuada en 1990 787 Monte Pagan 18°08'36"N 145°47'39"E
6 Alamagan 11.12 6 744 Banadera 17º35'N 145º50'E
7 Guguan 3.87 Deshabitada 301 Sen nome 17º20'N 145º51'E
8 Sarigan 4.97 Deshabitada 549 Sen nome 16º43'N 145ª47'E
9 Anatahan 31.21 Evacuada en 1990 787 Sen nome 16º22'N 145º40'E
10 Farallón de Medinilla 0.85 Deshabitada 81 Sen nome 16º01'N 146º04'E
11 Saipan 115.39 62.392 474 Monte Tagpochau 15º11'06"N 145º44'28"E
12 Tinian 101.01 3.540 170 Kastiyu (Lasso Hill) 14°57'12"N, 145°38'54"E
13 Aguijan 7.09 Deshabitada 157 Sen nome 14º42'N 145º18'E
14 Rota 85.38 3.283 491 Mount Manira 14º08'37"N 145º11'08"E

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo co CIA World Factbook do ano 2006, as Illas Marianas do Norte teñen o menor sex cociente -a cantidade de homes por cada muller- que se coñeza, sendo de 0,77 homes por cada muller, e de 0,7 no rango de idade dos 15 aos 65 anos.