Rial iemení

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rial iemení
ريال يمني en árabe
Código:YER
Ámbito: Iemen
Símbolo:
Fracción:100 fils (non vixente)
Moedas:1, 5, 10 e 20 riais.
Billetes:5, 100, 200, 250, 500 e 1.000 riais.
Emisor:Banco Central do Iemen.
Taxa de troco:
30-4-2020 [1]
1 EUR = 271,79 YER
1 USD = 250,00 YER
Troco actual

O rial iemení (en árabe: ريال يمني –Riyāl Yamanī–; código: YER) é a unidade monetaria da República do Iemen, teoricamente dividida en 100 fils, aínda que a moeda divisionaria non ten especia física desde a unificación do país, en 1990.[2][3][4]

Historia[editar | editar a fonte]

Nos séculos XVIII e XIX, o termo rial (ou riyal) asociábase tradicionalmente ao tálero de María Tareixa, moeda de uso internacional que tiña ampla circulación no Iemen por mor do comercio do café cos franceses.[5]

Moeda de 25 fils de 1979 do Iemen do Norte

Á medida que o Iemen se desenvolvía economicamente comezou a implantar a súa propia moeda local. Logo da unión de 1990 entre o Norte (a República Árabe do Iemen) e o Sur (a República Democrática Popular do Iemen), as moedas de ambos os territorios, o rial e o dinar, respectivamente, seguiron a ter curso legal durante un período de transición, cunha taxa de cambio de 26 riais por cada dinar.[4]

O 11 de xuño de 1996, as moedas do sistema do dinar foron retiradas da circulación, tres anos despois de que se emitiran as primeiras moedas oficiais da República do Iemen, xa unida.

O valor do rial iemení caeu drasticamente con respecto ao dólar estadounidense na súa primeira década, desde os 20 riais por dólar a ata os 215, e desde entón mantívose estable durante anos.

Moedas[editar | editar a fonte]

Cando o Iemen se unificou, no territorio do Norte circulaban xa moedas con denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 fils, e de 1 rial.[6]

As moedas con valores faciais en fils desapareceron de camiño da circulación e, en 1993, o Banco Central do Iemen actualizou as moedas dun rial e introduciu as de 5 riais.[4][7][8]

A serie completouse coa cuñaxe da peza de 10 riais en 1995 e coa de 20 riais en 2004, esta última inicialmente bimetálica, aínda que en 2006 pasou a cuñarse en aceiro, do mesmo xeito que o resto da serie.[4][9][10]

Imaxe Valor facial Ano Aliaxe Diámetro

(mm)

Peso

(g)

Canto Anverso Reverso
1 rial

[7]

1414

(1993)

Aceiro 19,95 2,65 Estriado Escudo do Iemen ريال ١ - البنك المركزي اليمني

Ano de cuñaxe.

5 riais

[8]

1414

(1993)

a

1425

(2004)

Aceiro 22,90 4,50 Estriado Edificio :

Banco Central do Iemen.

ريال ٥ - البنك المركزي اليمني

Ano de cuñaxe.

10 riais

[9]

1416

(1995) a

1430

(2009)

Aceiro 26,00 6,05 Estriado Ponte de Shaharah. ريال ١٠ - البنك المركزي اليمني

Ano de cuñaxe.

20 riais

[10][11]

1425

(2004)

Bimetálica.

Aro: aceiro.

Centro: aceiro e baño de latón

29,85 7,10 Estriado Drago ريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني

CENTRAL BANK OF YEMEN

Ano de cuñaxe.

1427

(2006)

Aceiro 30,00 6,62 Estriado Drago ريال ٢٠ - البنك المركزي اليمني

CENTRAL BANK OF YEMEN

Ano de cuñaxe.

Billetes[editar | editar a fonte]

No momento da unificación do país, os billetes en riais en circulación procedentes do territorio do norte tiñan os valores de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 riais.

En 1993, o Banco Central do Iemen acordou substituír os billetes de 1 e de 5 riais por moedas, e o mesmo ocorreu co billete de 10 riais en 1995.[7][8][9] En 1996 introduciuse o valor nominal de 200 riais, seguido polo de 500 riais en 1997 e polo de 1.000 riais en 1998. O antigo billete de 20 riais foi substituído por unha moeda de valor equivalente en 2004.[10] Ademais, o 14 de novembro de 2009 engadiuse á serie de papel moeda un novo billete de 250 riais.[4][12]

En 2017, o Banco Central do Iemen, que estreaba sede provisional en Adén, por mor da guerra civil, puxo en circulación unha nova tiraxe dos billetes de 500 de 1.000 riais cunhas medidas de seguridade actualizadas.[13][14] En 2018 reintroduciu ademais o valor de 200 riais e renovou o billete de 100 riais.[4][15][16]

Imaxe Valor nominal Cor Dimensións

(mm)

Descrición Data
Anverso Reverso Anverso Reverso
50 riais

[17]

Verde oliva 158 x 75 Estatua de Ma'adkarib Cidade: Shibam 1993
100 riais

[18]

Púrpura 150 x 75 Sumidoiros antigos en Adén Cidade: Saná 1993
100 riais

[19]

Vermello

Voioleta

151 x 69 Árbore: sangue de dragón, Socotra Socalcos agrícolas 2019
200 riais

[20]

Verde 156 x 75 Escultura de alabastro Cidade: Mukalla 1996
200 riais

[21]

Amarelo 150 x 69 Fortaleza de Zbeid Paisaxe de al-Mahrah 2018
250 riais

[22]

Laranxa

Azul

155 x 75 Mesquita Al-Saleh, Saná Cidade: Mukalla 2009
500 riais

[23]

Azul 155 x 80 Palacio de rocha en Dar al-Hajr Mesquita Al-Muhtar, Tarim 2007
500 riais

[24]

Azul 155 x 69 Mesquita Al-Muhtar, Tarim Palacio de rocha en Dar al-Hajr 2017
1.000 riais

[25]

Verde

Amarelo

156 x 83 Palacio Seiyun, Hadhramaut Porta do Iemen, Saná 2009

2012

2017

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio web do Banco Central do Iemen
  2. "Rial". En Digalego. Dicionario de galego.
  3. "Rial". En Alfaro Asins (2009). Páxina 157.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Yemen Rial - YER". CurrencyConverter.co.uk
  5. Ghalib bin Awadh al-Qu'aiti. (2010). The Maria Theresa Thaler in Hadhramaut: Some Reflections. The British-Yemeni Society.
  6. Moedas en riais e fils do Iemen do Norte: "1 fils", "5 fils", "10 fils", "25 fils", "50 fils" e "1 rial". Numista.
  7. 7,0 7,1 7,2 "1 Rial". Numista.
  8. 8,0 8,1 8,2 "5 Rials". Numista.
  9. 9,0 9,1 9,2 "10 Rials". Numista.
  10. 10,0 10,1 10,2 "20 rials 1425 (2004)". Numista.
  11. "20 rials 1427 (2006)". Numista.
  12. "Yemen new 250-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 14 de decembro de 2009.
  13. "Yemen new 500-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 30 de novembro de 2017.
  14. "Yemen new 1,000-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 3 de abril de 2018.
  15. "Yemen new 200-rial note confirmed". BanknoteNews.com. 9 de novembro de 2018.
  16. "Yemen new 100-rial note reported". BanknoteNews.com. 19 de agosto de 2018.
  17. "Billete de 50 riais". Realbanknotes.com
  18. "Billete de 100 riais". Realbanknotes.com
  19. "Billete de 100 riais (2019)". Realbanknotes.com
  20. "Billete de 200 riais". Realbanknotes.com
  21. "Billete de 200 riais (2018)". Realbanknotes.com
  22. "Billete de 250 riais". Realbanknotes.com
  23. "Billete de 500 riais". Realbanknotes.com
  24. "Billete de 500 riais 2017". Realbanknotes.com
  25. ""Billete de 1.000 riais". Realbanknotes.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]