Marco convertible
Aparencia
| Marco convertible | |
|---|---|
| Konvertibilna marka en bosníaco | |
| Código: | BAM |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | KM (latino)/ КМ (cirílico) |
| Fracción: | 100 fening |
| Moedas: | 5, 10, 20, 50 feninga 1, 2, 5 BAM |
| Billetes: | 10, 25, 50, 100, 250, 1.000 NLG |
| Emisor: | Banco Central de Bosnia e Hercegovina |
| Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 1,95583 BAM |
O marco convertible (en bosníaco: konvertibilna marka) é a moeda oficial de Bosnia e Hercegovina. Estableceuse como tal nos acordos de Dayton de 1995. O seu nome provén do marco alemán, moeda coa que mantivo unha taxa de cambio de 1 a 1 até 2002. Dende entón mantén un cambio fixo co euro de 0,51129 euros por marco.
Porén, na zona sur de Bosnia e Hercegovina, e debido á maioría de poboación croata, utilízase tamén a kuna croata.