Złoty
| Złoty | |
|---|---|
| polski złoty | |
| Código: | PLN |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | zł |
| Fracción: | 100 groszy |
| Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 groszy 1, 2, 5 zł |
| Billetes: | 10, 20, 50, 100, 200, 500 zł |
| Emisor: | Narodowy Bank Polski |
| Taxa de troco: 30.05.2025 | 1 EUR = 4,2474 PLN 1 USD = 3,7378 PLN |
O zloty[1] ou złoty [pronunciado 'zwɔtɨ] (en plural złote ['zwɔtɛ] para os números rematados en 2, 3 ou 4 -agás 12, 13 e 14- e złotych ['zwɔtɨx] para os demais) é a moeda de curso legal de Polonia. A palabra significa literalmente dourado en polaco e fai referencia ás antigas moedas de ouro chamadas así. Grosz vén da palabra alemá Groschen. Divídese 100 grosz ['grɔʃ] (grosze ['grɔʃɛ] para os números rematados en 2, 3 ou 4 -agás 12, 13 e 14- e groszy ['grɔʃɨ] para os demais). O seu código ISO 4217 é PLN e abréviase Zł
Historia
[editar | editar a fonte]No século XIV e o século XV chamábaselle złoty a calquera moeda de ouro estranxeira das que circulaban por Polonia (especialmente os ducados de Alemaña e Rutenia). En 1496, o Sejm (a cámara baixa polaca) creou unha moeda nacional equivalente a 30 groschen de Praga, que en polaco se denominou grosz ou tamén, polski złoty ("dourado polaco").
Durante a segunda metade do século XVIII, baixo o reinado de Estanislau II Poniatowski, oficializouse o złoty como unidade monetaria polaca. Substituído polo rublo ruso entre 1850 e 1917, e polo marco polaco entre 1917 e 1924), o złoty foi reintroducido en 1924 logo da hiperinflación e o caos monetario que houbo nos anos que seguiron á primeira guerra mundial. O troco fixado foi de 1 złoty = 100 groszy = 0,1687 gramos de ouro; 1 złoty = 1.800.000 marcos polacos.
Logo de varias desvalorizacións, en 1950 introduciuse un novo złoty (PLZ), sendo a equivalencia 100 dos antigos por cada novo złoty. En 1995, tamén debido á hiperinflación, a coma decimal moveuse 4 lugares. Así, 10.000 vellos złotys (PLZ) = 1 novo złoty (PLN).
Polonia entrou na Unión Europea en maio do 2004, se ben non está claro que a adopción do euro se vaia materializar a curto prazo.
Billetes
[editar | editar a fonte]No 2005 circulan os billetes coas denominacións seguintes:
| Denominación | Cor predominante | Dimensións | Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|
| 10 złoty | Marrón | 60 x 120 mm | Príncipe Mieszko I | denar (moeda de prata) da época de Mieszko I |
| 20 złoty | Rosa | 63 x 126 mm | Rei Boleslau I o Bravo | denar da época de Boleslaus I |
| 50 złoty | Azul | 66 x 132 mm | Rei Casimiro III o Grande | aguia real nun selo da época de Casimiro III con cetro e orbe, de fondo silueta de Cracovia |
| 100 złoty | Verde | 69 x 138 mm | Rei Ladislau II Polonia | escudo cunha aguia da tumba de Ladislao II con casco sobre dúas espadas |
| 200 złoty | Laranxa | 72 x 144 mm | Rei Sexismundo I o Vello | aguia con coroa e unha banda en forma de S, de fondo o Castelo Wawel |
Moedas
[editar | editar a fonte]Emitidas polo Banco Nacional de Polonia (Narodowy Bank Polski), circulan moedas coas denominacións de:
| Denominación | Acuñada dende |
Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Canto | Anverso | Reverso | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Anel | Centro | |||||||
| 1 Grosz | 1991 | Aceiro bronceado | 15,50 | 1,64 | Estriado | Emblema nacional | Valor facial | |
| 2 Grosze | 1991 | Aceiro bronceado | 17,50 | 2,13 | Liso | Emblema nacional | Valor facial | |
| 5 Groszy | 1991 | Aceiro bronceado | 19,50 | 2,59 | Descontinuo | Emblema nacional | Valor facial | |
| 10 Groszy | 1991 | Cuproníquel | 16,50 | 2,51 | Descontinuo | Emblema nacional | Valor facial | |
| 20 Groszy | 1991 | Cuproníquel | 18,50 | 3,22 | Estriado | Emblema nacional | Valor facial | |
| 50 Groszy | 1991 | Cuproníquel | 20,50 | 3,94 | Estriado | Emblema nacional | Valor facial | |
| 1 Złoty | 1991 | Cuproníquel | 23,00 | 5,00 | Estriado | Emblema nacional | Valor facial | |
| 2 Złote | 1994 | Latón | CuNi | 21,50 | 5,21 | Liso | Emblema nacional | Valor facial |
| 5 Złotych | 1994 | CuNi | Latón | 24,00 | 6,54 | Estriado irregular | Emblema nacional | Valor facial |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Polonia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Banco Nacional de Polonia (en polaco)(en inglés)
- Moedas de Zloty
- Fotos das moedas vellas, modernas e conmemorativas (Złoty) Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
