Real brasileiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real brasileiro
Real (en portugués)
Código: BRL
Ámbito: Flag of Brazil.svg Brasil
Símbolo: R$
Fracción: 100 céntimos
Moedas: 1, 5, 10, 25 e 50 céntimos
1 real
Billetes: 1, 2, 5, 10, 20, 50 3 100 reais
Emisor: Banco Central do Brasil
Taxa de troco:
27-05-2010
1 EUR = 2.2797 BRL
1 USD = 1.873 BRL
Troco actual

O real é a moeda oficial de Brasil. Logo de numerosos trocos monetarios (réis, cruzeiro, novo cruzeiro, cruzado, novo cruzado, novamente cruzeiro e cruzeiro real), Brasil adoptou o real en 1994. As moedas e os billetes brasileiros son emitidos polo Banco Central do Brasil e realizados pola Casa da Moeda do Brasil.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O real xurdiu como unha moeda máis forte e de maior confianza que as súas predecesoras ante o descontrol da inflación que xeraba inestabilidade económica. O nome escollido, "real", coincide co nome da primeira moeda de Brasil (plural: réis). O sentido do termo remite á idea de realidade, en referencia á confianza que lle fora depositada, tendo como índice primitivo a URV ou Unidade Real de Valor.

A moeda foi creada polo Plano Real en réxime de troco fixo en relación a un conxunto de moedas liderado polo dólar estadounidense, no inicio con aproximadamente o mesmo valor que este último.

En xaneiro de 1999, logo da crise financeira que sucedeu á crise financeira asiática de 1997, da quebra de Rusia en 1998, e da crise financeira arxentina, levou ao Banco Central do Brasil a abandonar o modelo de troco semi-fixo e a deixar o troco flutuar libremente. A súbita desvalorización do real a principios de 1999, de 1,2 : 1 para case 2,0 : 1 marcou a fin da previsibilidade do troco.[1] Entre 1999 e 2003 o troco evolucionou de xeito irregular, mais xeralmente no sentido de devaluación, chegando á cota mínima de 3,9 R$ : 1 USD ao final d 2002. Decontado a tendencia xeral inverteuse, e no 2006 o troco retornara ao 2,2 : 1. Dende aquela o troco ten flutuado ao redor dos 2 reais para 1 dólar.[2] O 21 de abril de 2007, un real equivalía a 0,57 dólar. O 29 de maio de 2008, un real equivalía a 0,61 dólar, xa no 5 de decembro o mesmo real compraba 0,40 dólar.

Moedas e billetes[editar | editar a fonte]

Actualmente están en circulación moedas de 1994 (de aceiro inoxidable) e as acuñadas en 1998. Estes segundas teñen medidas e materiais diferentes para favorecer a a súa distinción a primeira ollada e facer máis difícil tamén a súa falsificación. As dúas series de moedas están en vigor, se ben hai plans para retirar da circulación as máis antigas; de feito, o 23 de decembro do 2003 xa se retirou a moeda de 1 real da primeira serie, e actualmente unicamente circulan as moedas da segunda serie desta denominación. Tanto dunha coma doutra, os valores son de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos e 1 real.

No que se refire aos billetes, hai denominacións de 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 reais. O 3 de febreiro de 2010, o Banco Central anunciou que lanzaría a segunda serie dos billetes do Real. Os billetes pasarán a ter tamaños distintos, aumentando de acordo co seu valor, ademais de novos elementos de seguridade e marcas táctiles de relevo. Os trocos, segundo o Banco Central, servirán para facer do real unha moeda máis forte e segura, preparándoa para a demanda de uso internacional, debido ao fortalecemento da economía brasileira[3] [4].

Moedas conmemorativas[editar | editar a fonte]

O Banco Central do Brasil emitiu tres moedas conmemorativas dun real en 1998, 2002 e 2005. Estas tres moedas conmemoran respectivamente o 50 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o 100 aniversario do ex-presidente da república Juscelino Kubitschek e o 40 aniversario da fundación do Banco Central do Brasil.

Conversión para moedas anteriores[editar | editar a fonte]

Pódese ter unha idea da hiperinflación brasileira ao converter o real (actual) ao real da época do Imperio: 1 real actual sería equivalente a 2750 (conversión para cruzeiro real) x 1000 (conversión para cruzeiro) x 1 (conversión para novo cruzado) x 1000 (conversión para cruzado) x 1000 (conversión para novo cruzeiro) x 1000 (conversión para cruzeiro) x 1000 (conversión para real) = 2.750.000.000.000.000.000 (Dous sextillóns e 750 quintillóns) de réis[5] ou 2.750.000.000.000:000$000 (Dous trillóns e 750 billóns de réis)..

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]