Anguila
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Coordenadas: 18°13′38″N 63°02′56″O / 18.22723, -63.04899
Territorio Británico de Ultramar de Anguila | |||
---|---|---|---|
British Overseas Territory of Anguilla | |||
| |||
Lema: Each Endeavouring, All Achieving (inglés: «Cada persoa esforzándose, todos acadando») | |||
Himno: [[God Save the Queen (en inglés: «Deus salve á Raíña») Himno local: God Bless Anguilla (en inglés: «Deus bendiga Anguila») ]] | |||
Capital • Poboación | The Valley 830 (2003 est.) | ||
Cidade máis poboada | The Valley | ||
Lingua oficial | Inglés | ||
Forma de goberno | Territorio de Ultramar | ||
Isabel II Tim Foy Victor Banks | |||
• Desde | 1650 | ||
Superficie | Posto 228º | ||
• Total | 102[1] km² | ||
• % auga | desprezable | ||
Fronteiras | 0 km | ||
Costas | 61[1] km | ||
• Total (2006 est.) | 13 477 hab. | ||
• Densidade | 212.5 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total (2003) | US$ 104 mill. | ||
• per cápita | 8 600 US$ | ||
Moeda | Dólar Caribe-Leste (EC$, XCD ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Anguilense | ||
Fuso horario | UTC-4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .ai | ||
Prefixo telefónico | +1264 | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | 660 / AIA / AI | ||
Membro de: CARICOM | |||
Anguila[2] é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.
Historia[editar | editar a fonte]
Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes.
Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.
Economía[editar | editar a fonte]
As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.
Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.
Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.
O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:
- Illa de Anguila
- Illa Scrub
- Illa Dog
- Illa Sombrero
- Anguillita
- Illa Little Scrub
- Caios de Prickly Pear
- Illa Sandy
- Illa Seal
Outros datos[editar | editar a fonte]
A esperanza de vida é de 76,7 anos.
A defensa do pais é responsabilidade do Reino Unido.
A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana.
Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 CIA. "Anguila - Geografía - Libro Mundial de Hechos". Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina Oficial do Goberno De Anguila (en inglés)
- Informe da CIA sobre o país Arquivado 23 de decembro de 2003 en Wayback Machine. - en inglés