Guaraní (moeda)
Guaraní (moeda) | |
---|---|
Guaraní paraguayo (en castelán) | |
Código: | PYG |
Ámbito: | Paraguai |
Símbolo: | ₲ |
Fracción: | 100 céntimos |
Moedas: | 50, 100, 500 e 1,000 guaranís |
Billetes: | 2000, 5000, 10000 e 20000 guaranís (usados frecuentemente) 1000, 50000 e 100000 guaranís (usados raramente) |
Emisor: | Banco Central de Paraguai |
Taxa de troco: 13-04-2010 | 1 EUR = 6410.01 PYG 1 USD = 4715.00 PYG |
O guaraní (plural: guaranís) é a moeda oficial de Paraguai. Cada guaraní está dividido en 100 céntimos, porén, debido á inflación os céntimos xa non se empregan. O código ISO da moeda é PYG.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Esta moeda foi creada por lei o 5 de outubro de 1943 para substituír o peso. Os primeiros guaranís foron emitidos en 1944. O nome da moeda refírese á principal etnia de Paraguai, así como á lingua guaraní, unha das linguas oficias do estado. De 1960 a 1982 a taxa de troco era de 126 guaranís por cada dólar.
O 2 de xaneiro de 2005, o tipo de troco era de 6.110 guaranís por cada dólar estadounidense. O 10 de marzo do 2005 o tipo de troco chegou a 6.248. O 18 de abril de 2008, o tipo de troco era de 4.300,00 guaranís por cada dólar estadounidense, o valor máis baixo acadado esta década ata agora. O maior billete en circulación é o de 100.000 guaranís e vale USD 23,256 aproximadamente. A principios do 2009 o guaraní era a novena unidade monetaria co valor máis baixo do mundo e a primeira de América.
Moedas
[editar | editar a fonte]Moedas en circulación:
- 50 guaranís.
- 100 guaranís.
- 500 guaranís.
- 1.000 guaranís.
Billetes
[editar | editar a fonte]Billetes en circulación:
- 1.000 guaranís.
- 2.000 guaranís (A partir do 11 de decembro de 2009).
- 5.000 guaranís.
- 10.000 guaranís.
- 20.000 guaranís.
- 50.000 guaranís.
- 100.000 guaranís.
As moedas de 1, 5 e 10 guaranís eran xa moi raras en 2005 debido ao seu baixo valor extremo e apenas circulan habitualmente. En 2006 acuñáronse en Eslovaquia novas moedas de 50, 100 e 500 guaranís, en distintos materiais e cor prateada. Saíron á circulación en 2007.
Redenominación do Guaraní
[editar | editar a fonte]O 21 de outubro de 2009, o Banco Central de Paraguai anunciou ao público a súa intención de revalorizar a moeda eliminando 3 ceros ao guaraní en xaneiro de 2011, deste xeito a equivalencia será de 1 novo guaraní por cada 1000 Guaranís [1] Arquivado 29 de decembro de 2009 en Wayback Machine.. Por un período de dous anos os billetes e moedas do actual e o novo guaraní permanecerán en circulación conxuntamente. Os billetes coa nova denominación permanecerán sen trocos no deseño neste primeiro período, sinalando tan só o valor na nova moeda, trocando a palabra mil por novos.
Previsións
[editar | editar a fonte]Existirán billetes de[Cómpre referencia]:
- 2 Novos guaraní (actualmente 2000 guaranís).
- 5 Novos guaranís (actualmente 5000 guaranís).
- 10 Novos guaranís (actualmente 10.000 guaranís).
- 20 Novos guaranís (actualmente 20.000 guaranís).
- 50 Novos guaranís (actualmente 50.000 guaranís).
- 100 Novos guaranís (actualmente 100.000 guaranís).
E moedas de:
- 5 Céntimos (actualmente 50 guaranís).
- 10 Céntimos (actualmente 100 guaranís).
- 50 Céntimos (actualmente 500 guaranís).
- 1 Novo guaraní (actualmente 1000 guaranís).
A partir de 2013, comezarán a circular billetes con novos deseños sen o prefixo "novo" diante da palabra guaraní.