Saltar ao contido

Tarxeta de crédito

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarxeta de crédito
Imaxe
 Subclase de
 Composto por
Implicados
 Usado por
Cifras e dimensións
 Anchura
   53,98 mm Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   85,6 mm Editar o valor en Wikidata
 Espesor
   0,76 mm Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d7pp Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2983355114 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX528019
Wikidata C:Commons
Exemplo do anverso da tarxeta de crédito:
1. Logotipo do banco
2. Chip EMV
3. Holograma
4. Número de tarxeta de crédito
5. Empresa da tarxeta de crédito
6. Data de caducidade
7. Nome do propietario
Exemplo do envés dunha tarxeta de crédito:
1. Banda magnética
2. Sinatura
3. Número de seguridade (CSC)

Unha tarxeta de crédito é unha tarxeta de plástico cunha banda magnética, moitas veces acompañada por un microchip, e un número sobreimpreso que se emprega para facer pagos en todos os establecementos que aceptan o servizo,[1] sen ter que usar cartos e ata un determinado límite estabelecido pola tarxeta do banco emisor. Unha tarxeta de crédito é diferente dunha tarxeta de cargos, na que se require que o saldo sexa pagado na súa totalidade cada mes.[2]

A tarxeta de crédito foi a sucesora dunha variedade de esquemas de crédito de comerciantes. Foi empregada por vez primeira na década de 1920, nos Estados Unidos, para vender combustible a un certo número de propietarios de vehículos. En 1938, varias empresas comezaron a aceptar as tarxetas doutros.

O concepto de usar unha tarxeta para facer compras xurdiu en 1887, por Edward Bellamy e descríbeo na súa novela Looking Backward. Bellamy usa o termo explícito "Tarxeta de crédito" once veces na súa novela (Capítulos 9, 10, 11, 13, 25 e 26) e 3 veces (Capítulos 4, 8 e 19) na súa secuela, Equality.

  1. O'Sullivan, Arthur; Steven M. Sheffrin (2003). Economics: Principles in action. Upper Saddle River, New Jersey 07458: Pearson Prentice Hall. p. 261. ISBN 0-13-063085-3.
  2. Schneider, Gary (2010). Electronic Commerce. Cambridge: Course Technology. p. 497. ISBN 0-538-46924-2.