Leu romanés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leu romanés
Leu en romanés
10 Bani RON 2005.png
Código: RON
Ámbito: Romanía Romanía
Símbolo:
Fracción: 100 bani
Moedas: 1, 5, 10, 50 bani
Billetes: 1, 5, 10, 50, 100, 200, 500 RON
Emisor: Banco Nacional de Romanía
Taxa de troco:
15-2-2014
1 EUR = 4,49 RON
1 USD = 3,28 RON
Troco actual

O leu romanés (en plural lei) é a moeda oficial de Romanía, onde se utiliza dende a fundación do Banco Nacional de Romanía en 1880. Un leu está dividido en 100 bani (en singular ban). O código ISO 4217 do actual leu romanés é RON e do antigo (antes do 1 de xullo de 2005) ROL.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVII, nos estados romaneses utilizábase como moeda o thaler neerlandés (löwenthaler), moeda na que aparecía un león, polo que se utilizaba popularmente a palabra lei (plural de león en romanés) para denominar ao diñeiro, denominación que permaneceu despois de que se deixase de utilizar o thaler.

Dende o 1 de xullo de 2005, entrou en circulación o novo leu (RON) que substitúe ao antigo (ROL), equivalendo 1 leu novo a 10.000 lei "antigos". Os "novos" lei coexistiron até o 31 de decembro de 2006 cos billetes e moedas do leu "antigo" (entre paréntese a súa equivalencia co novo leu):

  • Moedas: 500 lei (5 bani), 1.000 lei (10 bani), 5.000 lei (50 bani).
  • Billetes: 10.000 lei (1 leu); 50.000 lei (5 lei), 100.000 lei (10 lei), 500.000 lei (50 lei), 1 000 000 lei (100 lei).

Billetes[editar | editar a fonte]

Descrición dos billetes en circulación legal:

  • 1 RON (10.000 ROL)
    • Medidas: 120 x 62 mm
    • Tonalidade: verde
    • Anverso: o escritor e historiador Nicolae Iorga e flores de xenciana
    • Reverso: Catedral do Mosteiro de Curtea de Arges e un aguia cunha cruz no peteiro
  • 5 RON (50.000 ROL)
    • Medidas: 127 x 67 mm
    • Tonalidade: violeta
    • Anverso: Á esquerda escudo de armas do país. No centro un caravel, notas musicais e un violín. Á dereita retrato do compositor George Enescu
    • Reverso: Á esquerda Ateneo Romanés en Bucarest. Arriba fragmento da partitura da ópera Edipo Rei de Enescu. Piano ao centro á dereita.
  • 10 RON (100.000 ROL)
    • Medidas: 133 x 72 mm
    • Tonalidade: laranxa
    • Anverso: o pintor Nicolae Grigorescu, unha malva real, un pincel e unha paleta de pintura
    • Reverso: casa da rexión de Oltenia e a pintura "Rodica" (unha rapaza de campo cunha cesta)
  • 50 RON (500.000 ROL)
    • Medidas: 140 x 77 mm
    • Tonalidade: amarelo e verde
    • Anverso: o enxeñeiro e piloto Aurel Vlaicu, unha flor de edelweiss e unha hélice
    • Reverso: cabeza de aguia e deseño do avión "Vlaicu II", de fondo deseño dunha turbina
  • 100 RON (1 000 000 ROL)
    • Medidas: 147 x 82 mm
    • Tonalidade: lila e azul
    • Anverso: o dramaturgo Ion Luca Caragiale, unha violeta e unha máscara de comedia
    • Reverso: Teatro Nacional en Bucarest, estatua do dramaturgo e unha máscara de traxedia
  • 500 RON
    • Medidas: 153 x 82 mm
    • Tonalidade: verde e gris
    • Anverso: o poeta Mihai Eminescu, unha flor de tilia, pluma e tinteiro e un reloxo de area
    • Reverso: a Biblioteca Universitaria de Iaşi, de fondo primeira páxina do xornal "Timpul" da época do poeta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]