Pataca macaense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para outras moedas coa denominación de "pataca", véxase a páxina de homónimos Pataca (moeda).

Pataca macaense
澳門圓 en chinés
1 Pataca 2007 Macao.jpg
Código:MOP
Ámbito:Flag of Macau.svg Macau
Símbolo:$ - 元 . 圓
Fracción:100 avos
Moedas:10, 20 e 50 avos.
1, 2, 5 e 10 patacas.
Billetes:10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 patacas.
Emisor:Banco Nacional Ultramarino
Taxa de troco:
04-5-2020[1]
1 EUR = 8,70 MOP
1 USD = 7,98 MOP
Troco actual

A pataca (en chinés: 澳門圓; pinyin: Àoményuán) é a moeda de curso legal da rexión administrativa especial de Macau.[2] Divídese en 100 avos; o seu código ISO 4217 é MOP e as abreviaturas utilizadas son $, 元 e 圓.[3]

Macau ten un sistema monetario consonte o cal a súa unidade monetaria, a pataca, se apoia ao 10 % nunha divisa estranxeira, neste caso o dólar de Hong Kong.[4] Ademais, a Autoridade Monetaria de Macau ten a obriga estatutaria de emitir e trocar patacas segundo a demanda fronte ao dólar de Hong Kong, sen límite e cunha taxa de cambio fixada en 1 HKD = 1,03 MOP.[3][5]

Historia[editar | editar a fonte]

A pataca introduciuse en 1894 como unidade de conta. O termo "pataca" provén da denominación do real de oito español e sobre todo do mexicano, que daquela circulaba por amplas zonas de Asia, co que se equiparaba en valor e que coincidía tamén co do dólar de Hong Kong, e substituía o real portugués, co que tiña unha taxa de cambio de 1 MOP = 450 reais. A finais do século XIX, circulaban en Macau non só a prata mexicana, senón tamén outras moedas, entre elas os dólares de comecio británicos, os dólares de Hong Kong e os dólares das Colonias do Estreito, que tamén se acababan de crear. En 1905, o Goberno de Macau concedeulle ao Banco Nacional Ultramarino (大西洋銀行) a exclusividade da emisión dos primeiros billetes coa súa denominación en patacas, coa idea de converter esta moeda na única en circulación en Macau.[3] A primeira serie de papel moeda emitiuse o 27 de xaneiro de 1906, con billetes de 1, 5, 50 e 100 patacas.[6]

Do mesmo xeito que nas Colonias do Estreito, prohibiuse a circulación de calquera moeda estranxeira, coa intención de que as novas moedas establecesen os seus propios valores no mercado. Os chineses receaban daquelas patacas de papel, afeitos como estaban ás moedas de prata, polo que os billetes circulaban sempre cun desconto no seu valor en relación coas moedas de prata.[7]

En tanto que as patacas seguían a circular con desconto en relación aos dólares de prata que se utilizaban na rexión, o dólar das Colonias do Estreito vinculouse á libra esterlina e adoptou o padrón ouro, co que as patacas e os dólares pasaron a ter cotizacións totalmente independentes. En 1935, cando a China e Hong Kong abandonaron o padrón prata, a pataca de Macau pasou a estar vinculada ao escudo portugués, cunha taxa de 1 pataca = 5,5 escudos, o que as facía equivalentes ao xilin británico (xa que daquela unha libra equivalía a 110 escudos).

En 1980, o Goberno de Macau transferiu ao Instituto Emisor de Macau (IEM) a exclusividade do dereito de emisión de patacas do que ata daquela tiña o Banco Nacional Ultramarino, aínda que este seguiu ocupándose na práctica das emisións, ao pasar a ser un banco axente do IEM.[8] Cando o Goberno macaense renovou o contrato de emisión de papel moeda co Banco Nacional Ultramarino o 13 de outubro de 1995, a sucursal macaense do Banco da China (中國銀行澳門分行) pasou a compartir con el o dereito de emisión. Finalmente, co establecemento da Autoridade Monetária e Cambial de Macau, a emisión de patacas quedou entre as competencias do Goberno, situación que non variou logo da creación da Rexión Administrativa Especial de Macau o 20 de decembro de 1999.[3]

Moedas[editar | editar a fonte]

Ata 1952 non se cuñaron moedas específicas para Macau. Para suplir esta necesidade circulaban moedas de 20 centavos de Cantón. En 1952 introducíronse as primeiras moedas de bronce de 5 e 10 avos, de 50 avos de cuproníquel, e de 1 e 5 patacas de prata de 720 milésimas.[9] O latón substituíu o bronce en 1967, e o níquel substituíu a prata en 1968.[10][11] En 1971, a cantidade de prata das moedas de 5 patacas reduciuse a 650 milésimas.[12]

En 1982 introduciuse unha nova serie con valores faciais de 10, 20 e 50 avos de latón, e de 1 e 5 patacas de cuproníquel.[13] En 1993 as moedas de 20 avos e de 5 patacas cuñáronse de forma dodecagonal, e engadiuse unha moeda bimetálica de 10 patacas en 1997, e outra de 2 patacas de cuproníquel en 1998.[14]

Moedas en circulación
Imaxe Valor Ano Aliaxe Diámetro Peso Canto Anverso Reverso
10 Avos 2007 Macao.jpg 10 avos

[15]

1993

a

2010

Latón 17,00 mm 1,38 g Liso MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Danza popular.
Circle - black simple.svgCircle - black simple.svg 20 avos

[16]

1993

a 1998

Latón 20,00 mm 2,80 g Liso MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Canoa.
50 Avos 1993 Macao.jpg 50 avos

[17]

1993 Latón 23,00 mm 4,61 g Estriado MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Pasacalle
1 Pataca 2007 Macao.jpg 1 pataca

[18]

1992

a

2010

Cu-Ni 26,00 mm 9,00 g Estriado MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Faro e fortaleza.
Circle - black simple.svgCircle - black simple.svg 2 patacas

[19]

1998 Cu+Ni 27,50 mm 9,50 g Liso MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Templo de A-Má.
5 Pataca 2007 Macao.jpg 5 patacas

[20]

1992

a

2010

Cu+Ni 27,50 mm 10,10 g Liso MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Catedral de San Paulo.
Circle - black simple.svgCircle - black simple.svg 10 patacas

[21]

1997 Aro: Cu+Ni+Zn

Centro: Cu+Ni

28,00 mm 12,00 g Estriado alterno MACAU e ano de cuñaxe. Valor. Igrexa de San Domingos.

Moedas fóra de curso[editar | editar a fonte]

Billetes[editar | editar a fonte]

De xeito similar á emisión dos billetes do dólar de Hong Kong, os billetes de patacas de Macau non os emitía en principio un banco central nin unha autoridade monetaria, senón dous bancos privados: o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China. Por mor do pasado colonial portugués de Macau, os billetes actuais imprímense tanto en chinés como en portugués.[22][23]

O 27 de xaneiro de 1906, o Banco Nacional Ultramarino introduciu emisións de papel moeda con valores nominais de 1, 5, 50 e 100 patacas, ás que se lles engadiron os de 10 e 25 patacas en 1907.[6] En febreiro de 1920, completouse esta primeira serie dos billetes divisionarios de 5, 10 e 50 avos.[24]

En 1923, o Banco Vui Hang introduciu billetes de 10 patacas válidos para os cambiar por moedas de 20 centavos cantoneses.[25]

O Banco Nacional Ultramarino aumentou a variedade de valores en 1942 cos billetes de 1 e 20 avos, e en 1944 introducíronse os de 500 patacas, en tanto que os valores inferiores ás 10 patacas se substituíron por moedas en 1952.[9][26][27]

O 8 de agosto de 1988, o Banco Nacional Ultramarino emitiu un billete de 1.000 patacas, nos que se substituíu o escudo de armas de Portugal polo logotipo do Banco Nacional Ultramarino. En 1995, o Banco da China introduciu novos billetes con valores de 10, 50, 100, 500 e 1.000 patacas, e o ano seguinte, o Banco da China e o Banco Nacional Ultramarino introduciron o billete de 20 patacas.[28]

Actualmente emítense billetes de 10, 20, 50, 100, 500 e 1.000 patacas. A derradeira serie de billetes emitida polo Banco Nacional Ultramarino é a de 2005, en tanto que as do Banco da China son de 1995 e de 2003.[29][30] O 20 de decembro de 1999, a soberanía de Macau pasou á China e desde ese momento ambos os bancos emitiron novos billetes coa devandita data. O 5 de xaneiro de 2009, a Autoridade Monetaria de Macau anunciou a emisión de novas series datadas en 2008 por parte do Banco da China.[28][31]

Últimas series regulares en circulación[editar | editar a fonte]

Banco Nacional Ultramarino
Valor nominal Data impresa Cor principal Medidas (mm) Descrición anverso Descrición reverso
10 patacas

[32]

2005

2010

2013

Rosa e laranxa 138 × 69 Estatua de Mazu. Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
20 patacas

[33]

2005

2010

2013

Violeta 143 × 71,5 Aeroporto Internacional de Macau Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
50 patacas
[34]
2009

2013

Marrón 148 x 74 Ponte de Sai Van. Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
100 patacas

[35]

2005

2010

2013

Azul 153 × 76,5 Praza do Senado. Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
500 patacas

[36]

2005

2010

2013

Verde 158 × 79 Torre de Macau. Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
1.000 patacas

[37]

2005

2010

2013

Laranxa 163 × 81,5 Centro Cultural de Macau. Edificio do Banco Nacional Ultramarino.
Banco da China
Valor nominal Data impresa Cor principal Dimensións (mm) Descrición anverso Descrición reverso
10 patacas

[38]

2008

2013

Rosa e laranxa 138 × 69 Templo de A-Má. Banco da China, sucursal de Macau.
20 patacas

[39]

2008

2013

Violeta 143 × 71,5 Ruínas da igrexa de San Paulo. Banco da China, sucursal de Macau.
50 patacas

[40]

2008

2013

Marrón 148 × 74 Teatro D. Pedro V. Banco da China, sucursal de Macau.
100 patacas

[41]

2008

2013

Azul 153 × 76,5 Fortalezas da Guía e do Monte. Banco da China, sucursal de Macau.
500 patacas

[42]

2008

2013

Verde 158 × 79 Casa dio Mandarín. Banco da China, sucursal de Macau.
1.000 patacas

[43]

2008

2013

Laranxa 163 × 81,5 Edificio do Leal Senado. Banco da China, sucursal de Macau.

Emisións conmemorativas[editar | editar a fonte]

E 2008, a sucursal macaense do Banco da China emitiu catro millóns de billetes de vinte patacas en conmemoración dos Xogos Olímpicos de Verán de 2008, que tiveron lugar en Pequín.[44][45][46]

En 2012, o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China emitiron dez millóns de billetes de 10 patacas en conmemoración do Ano do Dragón.[47] Entre 2012 e 2023 o Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China están autorizados a emitir un número máximo de vinte millóns de billetes especiais co valor nominal de 10 patacas para marcar cada ano novo lunar.[48][49] O Banco da China tamén emitiu un billete de 100 patacas conmemorativo do seu centésimo aniversario.[50]

O Banco Nacional Ultramarino e o Banco da China emitiron 10 millóns (cinco millóns cada banco) de billetes de 20 patacas conmemorativos do vixésimo aniversario da transferencia da soberanía de Macau en 2019.[51]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SBanco da China (Macau).
  2. "Pataca" no DRAG e no Portal das Palabras.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "A pataca". Autoridade Monetária de Macau.
  4. "Macau SAR Government pledges for free trade and investment". Gabinete de Cominicaçao Social. Governo de Macau. 19 de marzo de 2001.
  5. "Macau: What to use in Macau - MOP or HKD?". Tripadvisor.
  6. 6,0 6,1 Serie de billetes 1905-1907: "1 pataca", "5 patacas", "10 patacas", "25 patacas", "50 patacas" e "100 patacas". Realbanknotes.com
  7. History of Timor. Centro de Estudos sobre África e o Desenvolvimento. Universidade de Lisboa. Páxinas 103-104.
  8. S. S. Chan (2000). The Macau Economy. University of Macau. ISBN 99937-26-03-6
  9. 9,0 9,1 Serie de moedas de 1952: "5 avos", "10 avos", "50 avos", "1 pataca" e "5 patacas". Numista.
  10. Serie de latón de 1967: "5 avos" e "10 avos". Numista.
  11. "1 pataca 1968". Numista.
  12. "5 patacas 1971". Numista.
  13. Serie de moedas de 1982: "10 avos", "20 avos", "50 avos", "1 pataca" e "5 patacas". Numista.
  14. Véxase táboa: "Moedas en circulación".
  15. "10 avos". Numista.
  16. "20 avos". Numista.
  17. "50 avos". Numista.
  18. "1 pataca". Numista.
  19. "2 patacas". Numista.
  20. "5 patacas". Numista.
  21. "10 patacas". Numista.
  22. "Bank of China begins to issue Macau's Patacas notes on October 16, 1995". Bank of China (Macau).
  23. "BNU Banknotes Online Exhibition". Banco Nacional Ultramarino (Macau).
  24. Serie de billetes de 1920: "5 avos", "10 avos" e "50 avos". Realbanknotes.com
  25. "Banco Vui Hang". En Cuhaj, G. S. (2013). Páxina 763.
  26. "1 avo 1942" e "20 avos 1942". Realbanknotes.com
  27. "500 patacas 1944". Realbanknotes.com
  28. 28,0 28,1 "Introduction on Bank of China Macau patacas banknotes". Bank of China (Macau).
  29. "Bank of China Macau Patacas Banknotes (1995 Edition)". Bank of China (Macau).
  30. "Bank of China Macau Patacas Banknotes (2003 Edition)". Bank of China (Macau).
  31. "Bank of China Macau Patacas Banknotes (2008 Edition)". Bank of China (Macau).
  32. "10 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  33. "20 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  34. "50 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  35. "100 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  36. "500 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  37. "1.000 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  38. "10 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  39. "20 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  40. "50 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  41. "100 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  42. "500 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  43. "1.000 patacas". Bank Note Museum (Banknote.ws).
  44. "Macau: Dezenas de populares à espera da nota comemorativa dos Jogos Olímpicos". En Jornal de Notícias. 15 de xullo de 2008.
  45. "Regulamento Administrativo n.º 5/2008: Autoriza a emissão pela sucursal de Macau do Banco da China de uma nova nota do valor facial de vinte patacas". Governo da Região Administrativa Especial de Macau.
  46. "Banco da China, Sucursal de Macau, vai emitir novas notas de 20 patacas em comemoração dos Jogos Olímpicos de Pequim". Gabinete de Comunicação Social. Governo de Macau.
  47. "10 patacas 2012. Year of the Dragon". Realbanknotes.com
  48. "Regulamento Administrativo n.º 30/2011. Emissão de notas de banco para celebrar os Anos Novos Lunares de 2012 a 2023". Governo da Região Administrativa Especial de Macau.
  49. "Year of the Snake note rush starts". En World of Coins. 30 de xaneiro de 2013.
  50. "Macau new 100-pataca centennial anniversary commemorative notes confirmed". BanknoteNews.com. 25 de abril de 2012.
  51. "Macao celebrates anniversary with commemorative notes". En Coin World. 28 de abril de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]