Wallis e Futuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Territoire des Îles Wallis et Futuna
Territorio das Illas Wallis e Futuna
Bandeira de Wallis e Futuna Escudo de Wallis e Futuna
Bandeira Escudo
Lema: Avec la grande poire pour conquérir la mer
(Galego: Ca grande pera (Perón) a conquistar o mar)
Himno nacional: non ten
 
LocationWallisAndFutuna.png
 
Capital
 • Poboación
Mata-Utu
1,191 (2003)
Cidade máis poboada Mata-Utu
Lingua oficial
Francés1
Forma de goberno Colectividade de ultramar de Francia
François Hollande1


Michel Jeanjean
Vetelino Nau

Dependencia
 • Data
A Francia
Desde 1837
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 213º
274 km²
Despreciable
0 km km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

16.025 (2005 est.)
57 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Franco CFP (XPF)
Xentilicio De Wallis e Futuna
Fuso horario UTC+12
Dominio de Internet .wf
Prefixo telefónico +681
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 876 / WLF / WF

1 En toda Francia.

Tódolos países do mundo

Wallis-e-Futuna é unha colectividade de ultramar francesa, situada no hemisferio sur, no Océano Pacífico e pertencente a Oceanía. A capital é Mata-Utu, tamén capital da illa Wallis. Composto de tres illas, Wallis, Futuna e Alofi, o arquipelago atopase entre Nova Caledonia e Tahití.

Estas illas de releve volcánico e coas costas, protexidas por un cinto de arrecifes, son difícil acceso. O clima é tropical, caloroso e húmido.

As illas Wallis e Futuna son tres monarquías tradicionais : Wallis, Alo e Sigava, onde os reis gobernan con consellos elixidos e mailo representante do Estado francés.

A moeda é o franco CFP.

Historia[editar | editar a fonte]

A pesar de que foron descubertas polos holandeses e os ingleses durante os séculos XVII e XVIII, foron os franceses os primeiros europeos en asentarse no territorio, isto coa chegada de misioneiros franceses en 1837 os cales converteron ao catolicismo á poboación local. O 5 de abril de 1842, os reis solicitaron a protección de Francia logo dunha rebelión por parte da poboación local. En abril de 1887, a Raíña de Uvea (na illa de Wallis) asinou un tratado establecéndose oficialmente o protectorado francés. Os reis de Sigave e Alo nas illas de Futuna e Alofí tamén asinaron un tratado establecendo o protectorado o 16 de febreiro de 1888. As illas foron postas baixo a autoridade do Imperio Colonial Francés de Nova Caledonia.

En 1917, os tres reinos tradicionais foron anexados a Francia e convertidos na Colonia de Wallis e Futuna, a cal seguiu baixo a autoridade de Nova Caledonia.

En 1959, os habitantes das illas votaron por converterse nunha Territorio de Ultramar Francés, estatuto que entrou en vigor en 1961, terminándose así a subordinación a Nova Caledonia.

Política[editar | editar a fonte]

O territorio esta dividido nos tres reinos tradicionais: Uvea na illa de Wallis, Sigave na parte occidental de Futuna e Alo na illa de Alofí e na parte oriental de Futuna. A capital do territorio é Mata-Utu, na illa de Wallis. Por ser un territorio de Francia, está rexido pola Constitución Francesa do 28 de setembro de 1958, usa o sistema legal francés e o voto é universal para aqueles maiores de 18 anos. O Alto Comisionado é elixido polo presidente francés, aconsellado polo Ministro do Interior francés, o Presidente do Goberno Territorial e a Asemblea Territorial son elixidos polos membros da asemblea.

O Xefe de Estado é o presidente de Francia, representado polo Alto Comisionado. O xefe de goberno é o Presidente da Asemblea Territorial. O Consello do Territorio está formado polos tres reis e por tres membros apuntados polo alto comisionado xunto coa Asemblea Territorial.

Wallis e Futuna elixen un senador para o Senado francés e un deputado para a Asemblea Nacional Francesa.

A xustiza é administrada baixo a Lei Francesa por un tribunal de primeira instancia en Mata-Utu, pero os tres reinos tradicionais administran a xustiza de acordo aos seus costumes (só en casos non criminais). A corte de apelacións esta en Numea, Nova Caledonia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa das illas Wallis e Futuna

Wallis e Futuna esta localizada a preto de dúas terceiras partes do camiño entre Hawai e Nova Zelandia.

O territorio inclúe a illa de Wallis (a máis poboada), e as Illas Hoorn formadas pola illa de Futuna, a illa inhabitada de Alofi (toda a poboación de Alofi foi comida polo pobo caníbal de Futuna nun só ataque no século XIX) e por 20 illotes inhabitados, sumando un total de 274 km² con 129 km de costa. O punto máis alto do territorio é Monte Singavi na illa de Futuna con 765 m.

Contan cun clima cálido e chuvioso dos meses de novembro a abril, e fresco e seco de maio a outubro. A precipitación anual é da orde dos 2500 a 3000 mm. A humidade media é do 80% e a temperatura de 26.6 °C.

Só o 5% da terra das illas é cultivable. A deforestación (só quedan pequenas porcións do bosque orixinal), en gran medida como resultado do uso da madeira como combustible, é un serio problema, e como consecuencia desta, o chan montañoso de Futuna atópase particularmente propenso á erosión. Non existen asentamentos permanentes en Alofí debido á falta de fontes de auga doce.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do territorio esta limitada á agricultura de subsistencia, co 80% da poboación traballando na agricultura (cocoteiros e vexetais), gandería (porcos principalmente) e pesa. Cerca do 4% da poboación é empregada no goberno. Os principais ingresos proveñen dos subsidios do goberno francés, licenzas de pesca outorgados a Xapón e Corea do Sur, impostos por importacións e as remesas dos traballadores expatriados en Nova Caledonia.

O produto interno bruto en 1995 foi de US$ 28.7 millóns, preto de US$ 2,000 per capita. O territorio ten ingresos de preto de US$20 millóns anuais, contra gastos por US$17 millóns.

A principais industrias do territorio son a copra, utensilios, pesca e a madeira. A produción de alimentos inclúe o froito da árbore do pan, plátanos, cocos, porcos e ovellas. O comercio exterior realízase sobre todo con Francia, Australia e Nova Zelandia.

O territorio utiliza o Franco CFP, do mesmo xeito que os outros territorios franceses no Pacífico: Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. El Franco CFP está atado ao Euro a unha taxa de 1,000 XPF = 8.38 Euros.

Demografía[editar | editar a fonte]

O total da poboación do territorio en 2003 foi de 14.944 (67,4% na illa de Wallis, 32.6 en Futuna), a gran maioría é de orixe polinesio e en menor proporción de orixe francesa. Máis de 16.025 persoas orixinarias de Wallis e Futuna viven expatriados en Nova Caledonia. A maioría da poboación profesa a fe católica, falan francés e o idioma polinesio local. A metade da poboación con máis de 15 anos sabe ler e escribir.

Cultura[editar | editar a fonte]

A cultura das illas é tipicamente polinesia. Notablemente a música das illas conta cunha rica tradición.

Transporte e Comunicacións[editar | editar a fonte]

En 1994 o territorio tiña 1.125 teléfonos en uso, 1 estación de radio AM e 2 estacións de televisión. Na illa de Wallis existen preto de 100 km de estradas, 16 pavimentados, mentres que en Futuna só hai 20 km, ningún pavimentado. O territorio conta con dous portos, Leava (na illa de Futuna), e Mata-Utu, o cal alberga á mariña mercante consistente de 3 barcos totalizando 92.060 GRT: 2 barcos de pasaxeiros e un petroleiro. Existen 2 aeroportos, un cunha pista pavimentada de 2.000 m de longo e outra con 1.000 m sen pavimentar.