Saltar ao contido

Novo shekel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a unidade monetaria da Antigüidade, ver Siclo.
Novo shekel
שקל חדש (en hebreo: עברית)
shékel jadash
Código:ILS
Ámbito: Israel
Palestina
Símbolo:
Fracción:100 agorot
Moedas:5, 10 agorot; ½, 1, 2, 5, 10 novos shekel
Billetes:20, 50, 100, 200 novos shekel
Emisor:Banco de Israel[1]
Taxa de troco:
1 ISO = A XXX
Troco actual
Imaxe dun billete de cinco shekel.

O xéquel[2] ou novo shekel[3], NIS polas súas siglas en inglés, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot.

O novo shekel adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel (en hebreo: בנק ישראל), Banq Israel / بنك اسرائيل Bank Isrā'īl), circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels. As moedas cúñanse na ceca pública de Corea, KOMSCO.[4]

O código ISO 4217 é ILS e a súa abreviatura é o símbolo ₪ –unha combinación das iniciais hebreas das palabras shekel (ש) e jadash (ח) – ou ben se abrevia שח (pronunciado shaj). Divídese en 100 agorot (en hebreo: אגורות); en singular agorá (en hebreo: אגורה); en árabe اغورة, agūra). Desde o 1 de xaneiro de 2003 o NIS é unha moeda libremente convertible.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2009. Consultado o 02 de setembro de 2021. 
  2. "xéquel". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 
  3. González Rei, B. (2004): Ortografía da lingua galega. A Coruña, Ed. Galinova.
  4. "S. Korea Makes Money by Making Mone y". En VOA News. 17 de xullo de 2012.