Nakfa
Aparencia
Nakfa | |
---|---|
Código: | ERN |
Ámbito: | Eritrea |
Símbolo: | Nfk |
Fracción: | 100 cents |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50 cents, 1 nakfa |
Billetes: | 1, 5, 10, 20, 50, 100 nakfa |
Emisor: | Bank of Eritrea |
Taxa de troco: Fixada ao USD | 1 EUR = 18,951 ERN 1 USD = 15 ERN |
O nakfa é a moeda oficial de Eritrea dende 1997, cando se introduciu para substituír o birr etíope cun valor paritario. Dende o 1 de xaneiro do 2005 ten unha taxa de troco fixo co dólar estadounidense. O seu código ISO 4217 é ERN e subdivídese en 100 céntimos.
A moeda recibe o seu nome en honor á cidade de Nakfa, que foi a base da Fronte Popular para a Liberación de Eritrea durante a Guerra da Independencia de Eritrea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio do Banco de EritreaArquivado 20 de xullo de 2011 en Wayback Machine.
Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |