Curso legal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moeda de Celestia

O curso legal é unha providencia de política económica que un país adopta no sentido de tornar obrigatoria a aceptación do seu propio papel moeda, creando así a moeda de curso legal, que é emitida con exclusividade polo banco central; a tal moeda é basicamente un título de crédito garantido pola confianza que o mesmo país é capaz de acumular perante as persoas e, eventualmente, outros países.[1][2]

Tradicionalmente, o papel moeda era apoiado pola acumulación de riquezas en cantidades de metais e pedras preciosas ou calquera especie de bens materiais; o de uso máis común é o ouro. Pero ao se utilizar deste tipo de medida, que é feita por medio dunha lei ou calquera outra norma, que torne a moeda oficial imposíbel de ser rexeitada, o estado crea o diñeiro fiduciario. Para garantir a súa moeda, o estado usa, alén das súas reservas de divisas, o establecemento dun ambiente económico interno estábel e seguro. Pode, porén, existir un sistema de curso legal, mais co valor da moeda asegurado soamente polas cantidades de riquezas materiais.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Banca d'Italia - Le origini" (en italiano). Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  2. Le Clainche, Roberto Martínez (1996). Curso de teoría monetaria y política financiera (en castelán). México. p. 19. 
  3. Vieira de Abreu, Yolanda; Coelho, Sanay Bertelle (2009). Evoluçäo histórica da moeda. Estudo de caso: Brasil (1889-1989) (en portugués). Madrid: Universidade de Málaga. p. 66. 
  4. Von Mises, Ludwig. Ação humana (en portugués). Traducido por Donald Stewart Jr. São Paulo: IMB. p. 505. ISBN 0-8092-9743-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.