Dólar neozelandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar neozelandés
New Zealand Dollar
Tāra o Aotearoa (maorí)
Código:NZD
Ámbito:Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia

Flag of the Cook Islands.svg Illas Cook (xunto co dólar das Illas Cook)
Flag of Niue.svg Niue
Flag of Tokelau.svg Tokelau

Flag of the Pitcairn Islands.svg Illas Pitcairn
Símbolo:$, NZ$
Fracción:100 (cents)
Moedas:10, 20 e 50 cents
1 e 2 $
Billetes:5, 10, 20, 50, 100 $
Emisor:Banco de Reserva de Nova Zelandia
Taxa de troco:
15-02-2014
1 EUR = 1,64 NZD
1 USD = 1,20 NZD
Troco actual

O dólar neozelandés (en inglés New Zealand dollar ou, simplemente, dollar) é a moeda oficial de Nova Zelandia e os seus territorios dependentes (as Illas Cook, Niue e Tokelau), así como da colonia británica das Illas Pitcairn. Decotío abreviase $, ou NZ$ para diferencialo do dólar estadounidense e doutros tipos de dólares. O código ISO 4217 é NZD. Subdivídese en 100 cents.

Informalmente, en inglés é coñecido como o kiwi (ou o kiwi dollar).

Historia[editar | editar a fonte]

O dólar neozelandés introduciuse o 10 de xullo de 1967 en substitución da libra neozelandesa, como resultado do proceso de decimalización da moeda, a razón de dous dólares por libra, ou o que é o mesmo, dous shillings por dólar.

O instituto emisor é o Banco de Reserva de Nova Zelandia (Reserve Bank of New Zealand). Hai en circulación moedas de 10, 20 e 50 cents e 1 e 2 dólares (as pezas de menos valor, as de 1 e 2 cents, foron retiradas da circulación en 1990, e a de 5 cents foi tamén retirada en 2006). Os billetes que circulan actualmente son os de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares (os de 1 e 2 dólares retiráronse en 1991, cando se puxeron en circulación as moedas correspondentes). Se ben as primeiras emisións foron de papel, como é habitual na meirande parte dos billetes do mundo, dende 1999, a semellanza dos billetes australianos, as novas series están feitas de polímero, un plástico que dificulta a súa falsificación.

As Illas Cook tiveron as súas propias emisións de billetes entre 1987 e 1995, se ben continúan tendo as súas propias moedas (de 1, 2 e 5 dólares), de valor legal.

Taxas de cambio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]