Lev búlgaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lev búlgaro
лев en búlgaro
Código:BGN
Ámbito:Bulgaria Bulgaria
Símbolo:Лв
Fracción:100 stotinki
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50 stotinki
1 BGN
Billetes:2, 5, 10, 20, 50, 100 BGN
Emisor:Монетен двор
Taxa de troco:
9-03-2014
1 EUR = 1,9601 BGN
1 USD = 1,4127 BGN
Troco actual

O lev (en plural leva, en búlgaro: лев/лева) é a moeda oficial de Bulgaria. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é BGN e a súa abreviatura Lv (Лв). Subdivídese en 100 stotinki (стотинки). En búlgaro antigo, a palabra lev significaba león.

Historia[editar | editar a fonte]

O lev foi introducido en 1881 cunha taxa de cambio fixa respecto ao franco francés. Dende entón, a moeda sufriu tres revalidacións. A primeira foi en 1952 por mor da inflación na posguerra, facéndose cunha taxa de cambio dun lev novo por 100 dos antigos. Despois, en 1962, vólvese a revalidar a moeda a razón dun lev por 10 dos devaluados. A partir de aquí o lev entrou nun período de estabilidade de preto de tres décadas. A diferenza doutras moedas dos estados comunistas, o lev non era convertible ás moedas dos estados occidentais. Con todo, a taxa de cambio oficial era de aproximadamente 90 stotinkis por dólar estadounidense, no mercado negro pagábase entre cinco e seis veces máis.

Despois da caída do comunismo, o lev volve sufrir fortes episodios de inflación. Por este motivo en 1997 estableceuse unha taxa de cambio fixa co marco alemán a razón de 1.000 lev por marco. O 5 de xullo de 1999 o lev vólvese a revalidar e estabeleceuse a paridade co marco alemán (1 BGN = 1 DEM). Por mor da substitución do marco polo euro (EUR) o 1 de xaneiro de 2002, o lev mantivo unha taxa de cambio fixa respecto da moeda única europea a razón de 1,95583 lev por euro. Prevese que o euro substitúa ao lev en 2011.

Moedas[editar | editar a fonte]

A moedas que circulan correntemente son as dos valores de:

  • 1 stotinka
  • 2 stotinki
  • 5 stotinki
  • 10 stotinki
  • 20 stotinki
  • 50 stotinki
  • 1 lev

Billetes[editar | editar a fonte]

Os billetes búlgaros en circulación oficial son:

  • 1 BGN
    • 112 x 60 mm
    • Tonalidade: vermello
    • Anverso: unha icona do Santo Iván Rilski do ano 1789
    • Reverso: o Mosteiro de Rila
  • 2 BGN
    • 116 x 64 mm
    • Tonalidade: violeta
    • Anverso: o teólogo Pagisios de Chiliandar, de fondo o Mosteiro Zografou en Monte Athos
    • Reverso: escudo cun león rampante e o escudo de armas de Bulgaria
  • 5 BGN
    • 121 x 67 mm
    • Tonalidade: rosa
    • Anverso: o pintor e deseñador Iván Milev, de fondo detalle da súa pintura "Arte e a Coroa de Espiñas"
    • Reverso: detalle das súas pinturas "Muller Colleitando" e "A Voda do Dragón"
  • 10 BGN
  • 20 BGN
    • 121 x 73 mm
    • Tonalidade: azul
    • Anverso: Stefan Stambolo], de fondo unha edición facsímile da súa antoloxía "Cancións e Poemas" e o selo do Comité Edinstvo
    • Reverso: o edificio da Asemblea Nacional e fragmentos das pontes da Aguia e do León en Sofía
  • 50 BGN
    • 136 x 76 mm
    • Tonalidade: marrón
    • Anverso: o poeta e crítico literario Pencho Slaveykov, de fondo o Teatro Nacional e a Biblioteca Nacional en Sofía
    • Reverso: fragmento dun poema da súa antoloxía "Cancións Épicas" e motivos alegóricos ao mesmo
  • 100 BGN
    • 141 x 79 mm
    • Tonalidade: verde escuro
    • Anverso: o escritor Aleko Konstantinov e un facsímile da súa primeira edición de "Un Viaxe a Chicago e Volta"
    • Reverso: o escritor rodeado de libros, flores, un reloxo e letras cirílicas

Taxas de cambio[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]