Saltar ao contido

Kina (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kina
Papua New Guinean kina (inglés)
Código:PGK
Ámbito: Papúa-Nova Guinea
Símbolo:K
Fracción:100 toea
Moedas:5, 10, 20, 50 toea, 1 kina
Billetes:2, 5, 10, 20, 50, 100 kina
Emisor:Banco de Papúa-Nova Guinea
Taxa de troco:
23-03-2010
1 EUR = 3,7078 PGK
1 USD = 2,7356 PGK
Troco actual

A kina é a moeda oficial de Papúa-Nova Guinea. Divídese en 100 toea. A kina foi introducida o 19 de abril de 1975, substituíndo ao dólar australiano ao mesmo valor. O nome kina deriva de Kuanua da rexión de Tolai, referíndose a unha cuncha de perla ámplamente empregada para o comercio. O seu código ISO 4217 é PGK.

En 1975 introducíronse moedas de 1, 2, 5, 10 e 20 toea e 1 kina. As moedas de 1 e 2 toea foron feitas en bronce, mentres que o resto foron feitas de cuproníquel. A moeda dunha kina é redonda e cun burato no centro, esta denominación foi reducida de tamaño a principios de 2006, e a moeda de maior valor deixou de ser legal o 31 de decembro de 2008 [1]. O 19 de abril de 2007 as moedas de 1 e 2 toea deixaron de ser legais [2]. En 1980, as moedas de 50 toea foron introducidas, mais só de xeito conmemorativo e sen un deseño estándar [3].

O 19 de abril de 1975 foron introducidos os billetes de 2, 5 e 10 kina para substituír os dólares australianos co mesmo valor, mais as cores seguiron sendo as mesmas. Circularon xunto co dólar ata o 1 de xaneiro de 1976, cando o dólar deixou de ter valor legal. O billete de 20 kina introduciuse en 1977, o de 50 dina en 1990, e o de 100 kina en 2005. Tódalas coloracións das denominacións son iguais ás dos antigos billetes australianos. Dende 1991, tódolos billetes de Papúa-Nova Guinea están feitos en polímero ademais de papel.

En 1999 comezou unha nova serie de billetes de 50 kina [4], outra dos de 100 kina en 2005, outra de 2[5] e 20 kina en 2007 [6] e a de 5 e 10 kina en 2008 [7][8]. This makes all the denominations of the kina issued in polymer.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]