Boliviano (moeda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boliviano (moeda)
Código:BOB
Ámbito: Bolivia
Símbolo:Bs
Fracción:100 centavos
Moedas:10, 20, 50 centavos
1, 2, 5 Bs
Billetes:10, 20, 50, 100, 200 Bs
Emisor:Banco Central de Bolivia
Taxa de troco:
25-03-2010
1 EUR = 9,3277 Bs
1 USD = 7,02 Bs
Troco actual

O Boliviano é a moeda de oficial de Bolivia. O 28 de novembro de 1986 (Lei 901) substitúe o peso boliviano ($b), que perdeu o seu valor coa grande crise inflacionista que sufriu o país en 1985 (8767%, é dicir 750.000 pesos por dólar ese ano). Coa Nova Política Económica, o 28 de novembro de 1986, Paz Estensoro asinou a lei para a posta en circulación o 1 de xaneiro de 1987 dunha nova moeda nacional enteiramente convertible, o boliviano, equivalente a un millón de pesos e cun tipo de troco flexible con relación ao dólar e que logo dun período de transición é a única moeda legalmente aceptada a partir do 1 de xaneiro de 1988. O boliviano entre 1863 e 1963 foi a moeda nacional ata a súa substitución polo peso boliviano.

O Banco Central de Bolivia, fundado en 1928, é o organismo económico responsable da emisión de moeda. A denominación das moedas é de: 10, 20 e 50 centavos e 1, 2 e 5 Bolivianos. En billetes, as denominacións son de 10, 20, 50, 100 e 200 Bolivianos.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro boliviano[editar | editar a fonte]

Boliviano de 1872

O primeiro boliviano apareceu en 1864. Equivalía a oito soles ou medio escudo do sistema monetario anterior. Inicialmente dividíase en 100 centésimos, mais a fracción pasarase a nomear centavo a partir de 1870. A cantidade de dous bolivianos nomeábase un bolívar. En 1963, o boliviano foi substituído polo peso boliviano (ISO 4217: BOP), a razón de 1.000 antigos bolivianos por peso.

O boliviano actual[editar | editar a fonte]

Logo de anos de inflación imparábel, en 1987 substituíuse o peso boliviano por un novo boliviano a razón dun millón de pesos por boliviano.

5 bolivianos de 2001

Moedas[editar | editar a fonte]

Moedas de curso legal na actualidade:

Na actualidade as moedas de 2 e 5 centavos xa non existen.

Denominación Circula dende Forma Metal Diámetro Canto Anverso Reverso
Anel Centro
2 Centavos 1988-1996 Circular Aceiro inoxidable
Liso
Escudo Nacional Valor facial
5 Centavos 1988-2004 Circular Aceiro inoxidable
Liso
Escudo Nacional Valor facial
10 Centavos 1997 Circular Cobre
19 mm
Liso
Escudo Nacional Valor facial
20 Centavos 1988 Circular Aceiro inoxidable
22 mm
Liso
Escudo Nacional Valor facial
50 Centavos 1988 Circular Aceiro inoxidable
24 mm
Liso
Escudo Nacional Valor facial
1 Boliviano 1988 Circular Aceiro inoxidable
27 mm
Liso
Escudo Nacional Valor facial
2 Bolivianos 1991 Undecagonal Aceiro inoxidable
27 mm
Liso
Escudo Nacional Valor facial
5 Bolivianos 2001 Circular Aceiro inoxidable Latón
23 mm
Estriado
Escudo Nacional Valor facial

Billetes[editar | editar a fonte]

Billetes actualmente en circulación:

Billetes circulantes
Imaxe Valor Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso
10 Bolivianos Cecilio Guzmán de Rojas Cochabamba e o monumento ás Heroínas da Coronilla
20 Bolivianos Pantaleón Dalence Casa Dourada de Tarija
50 Bolivianos Melchor Pérez de Holguín Torre da Igrexa da Compañía de Xesús
100 Bolivianos Gabriel René Moreno Universidade Maior Real e Pontificia San Francisco Xavier de Chuquisaca
200 Bolivianos Franz Tamayo Ruínas de Tiwanaku

Billetes fóra de circulación:

Billetes fóra de circulación
Imaxe Valor Descrición
Anverso Reverso Anverso Reverso
100 Bolivianos Gualberto Villarroel Refineria de Petroleo

Notas[editar | editar a fonte]

1. Hai moedas de 10 centavos feitas de aceiro inoxidable, xa que anteriormente a 1997 eran acuñadas dese xeito sen chapado de cobre.

2. A moeda de 5 bolivianos substituíu o billete de 5 bolivianos.

3. Existía tamén o billete de 2 bolivianos, o mesmo que foi substituído pola moeda do mesmo valor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Peso boliviano
Peso Boliviano,Boliviano ou Nuevo Peso Boliviano
1986 - actualidade
Sucesor: