Quetzal (moeda)
Aparencia
Quetzal (moeda) | |
---|---|
Quetzal | |
Código: | GTQ |
Ámbito: | Guatemala |
Símbolo: | Q |
Fracción: | 100 centavos |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50 centavos e 1 quetzal |
Billetes: | 50 centavos, 1 quetzal, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 quetzais |
Emisor: | Banco de Guatemala |
Taxa de troco: 10-08-2011 | 1 EUR = 11,1255 GTQ 1 USD = 7,8545 GTQ |
O quetzal[1] é a unidade monetaria utilizada en Guatemala. Foi creada durante o goberno do expresidente José María Orellana en 1925 e é a de curso legal até o presente; apareceu en substitución do peso guatemalteco. O quetzal divídese en 100 centavos. O Banco de Guatemala é o organismo económico responsábel da emisión de moeda. Na actualidade, circulan moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos de quetzal, e de 1 quetzal. Polo que se refire ao papel moeda, circulan billetes de 1, 5, 10, 20, 50,100 e 200 quetzais.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quetzal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Banco de Guatemala Arquivado 25 de setembro de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)