Franco suízo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Franco suízo
Schweizer Franken, Franc suisse,
Franco svizzero, Franc svizzer
Código:CHF
Ámbito:Suíza Suíza
Liechtenstein Liechtenstein
Símbolo:Fr., SFr.
Fracción:100 (rappen/centime)
Moedas:1, 5, 10, 20 rappen
1/2, 1, 2, 5 Fr
Billetes:10, 20, 50, 100, 200, 1000 Fr
Emisor:Banco Nacional Suízo
Taxa de troco:
14-09-2009
1 EUR = 1,5118 CHF
1 USD = 1,0338 CHF
Troco actual

O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio",[1] sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.

O franco (alemán: Franken, francés: franc, italiano: franco, en romanche: franc) divídese en 100 céntimos (alemán: Rappen, francés: centimes, italiano: centesimi, romanche: rap). O nome do país "Confederación Suíza" atópase escrito en latín nalgunhas moedas (Confoederatio Helvetica), do cal deriva as súas siglas ISO, para preservar a neutralidade entre as distintas comunidades lingüísticas.

Historia[editar | editar a fonte]

O franco suízo é o resultado da unión monetaria realizada entre os cantóns suízos en 1850, substituíndo as moedas cantonais e rexionais. O seu valor inicial era igual ao do franco francés. Entre 1865 e 1927 a Unión Monetaria Latina unía tamén o Franco francés, a Lira italiana, o Franco belga e o franco suízos (seguidos da Dracma gregas e a Peseta española), que podían teoricamente ser utilizados indiferentemente en cada un dos catro países.

No 1919, cando Liechtenstein aboliu a unión aduaneira coa Austria, é adoptado o franco suízo como moeda oficial no principado.

Moedas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Moedas do franco suízo.

Aquí atópase a lista das moedas actualmente en circulación:

  • 10 céntimos.
  • 20 céntimos.
  • ½ franco (50 céntimos).
  • 1 franco.
  • 2 francos.
  • 5 francos.

Existen moedas conmemorativas de 5, 20, 100 e 200 francos e poden ser utilizadas para transaccións comerciais, aínda que excepcionalmente. A moeda de 2 céntimos foi abolida no 1970. O Banco Nacional Suízo propuxo a abolición das moedas de 5 céntimos, posto que a súa fabricación custa 6 céntimos e non é aceptada nas máquinas automáticas.

Diferentes moedas actuais
Reverso Anverso Descrición
Escudo suízo coa flor da edelweiss á esquerda, xencianas (Gentiana lutea) á dereita ; Personaxe: Guillermo Tell, heroe nacional.
Coroa de follas de carballo á esquerda e xencianas (Gentiana lutea) á dereitaa ; Personaxe: Helvetia, a nai patria.
ídem que a peza de 2CHF
ídem que a peza de 2CHF
Unha coroa de xencianas (Gentiana lutea); Helvetia, vista de perfil e tendo unha coroa coa inscrición de Liberta (liberdade).
Unha coroa de follas de carballo ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos
Unha coroa de follas de vide e uvas ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos

Longa duración[editar | editar a fonte]

As pezas máis vellas aínda en circulación son as de 10 céntimos, que desde 1879 se atopan en circulación e ás cales non se lles cambiou o motivo. Hoxe todas están feitas dunha aliaxe de cobre e níquel, fóra das dun céntimo (bronce) do mesmo xeito que a de 5 céntimos (bronce de aluminio).

As moedas de 50 céntimos, 1, 2 e 5 CHF eran de prata até 1968. O tamaño das moedas de 5 CHF foi reducida no 1936 despois da desvalorización do franco suízo.

Billetes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Billetes do franco suízo.

Os billetes de banco actuais teñen seis valores, no anverso amósase un persoeiro artístico do país e no reverso, en representación gráfica, un par das súas obras máis destacadas.

8ª serie (1995-1998)
Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
10 francos Amarelo 126 × 74 mm Le Corbusier
20 francos Rosa 137 × 74 mm Arthur Honegger
50 francos Verde 148 × 74 mm Sophie Taeuber-Arp
100 francos Azul 159 × 74 mm Alberto Giacometti
200 francos Marrón 170 × 74 mm Charles Ferdinand Ramuz
1.000 francos Violeta 181 × 74 mm Jacob Burckhardt

Esta serie, que entrou en circulación entre 1995 e 1998, puxo fin á anterior, que contiña un billete de 500 francos en lugar do de 200 francos. No 2005 o Banco Nacional Suízo anunciou que comezara o desenvolvemento da novena serie de billetes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]